Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVO CORTE DE TRÁFICO NA GÁNDARA POLO AVANCE DAS OBRAS DE SANEAMENTO
A intersección da avenida Luis Seoane coa Castelao permanecerá pechada ao tráfico rodado desde o 19 de setembro ata o remate das obras previstas na zona
Narón, 17 de setembro de 2016. Os traballos correspondentes ás obras do saneamento integral da ría que se desenvolven na actualidade na zona da Gándara obrigan novamente a aplicar restricións no tráfico rodado. A partir do día 19 cortarase en ambos sentidos de circulación a intersección da avenida Luis Seoane coa de Castelao (á altura do concesionario de vehículos Renault), no límite entre os municipios de Narón e Ferrol. Desde a Policía Local de Narón indicaron que o corte será efectivo a partir das 08.00 horas e que o tramo se reabrirá unha vez que a empresa adxudicataria dos traballos remate a actuación prevista na zona. Os condutores que traten de acceder á avenida Luis Seoane desde a Nicasio Pérez (zona de Ferrol) deberán facelo a través da avenida do Mar, tal e como se acordou tras unha xuntanza mantida na zona da obra entre representantes das policías locais de Narón e Ferrol.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es