Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E O IES CANIDO ASINAN O CONVENIO PARA UTILIZAR AS INSTALACIÓNS DO CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ
Alumnado do módulo de Operacións básicas de restaurante e bar poderá completar parte da súa formación nas instalacións municipais localizadas no polígono da Gándara
Narón, 21 de setembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e Uxío Leira, en representación do IES Canido, asinaron un convenio de colaboración entre a administración local e o citado instituto. A edil de Formación, Natalia Hermida, acudiu tamén á convocatoria, cuxo obxectivo é manter o acordo existente en anos anteriores para que alumnado do IES Canido matriculado no módulo de Operacións básicas de restaurante e bar poida realizar parte da súa formación nas instalacións do Centro Municipal Irmás Froilaz, na Gándara. O Concello aportará os medios materiais e auxiliares do Centro de Formación Municipal ao entender a necesidade de manter este acordo, debido ao impacto positivo que xenera no alumnado beneficiario do citado módulo formativo. O convenio entrará en vigor o vindeiro mes de outubro e rematará en decembro deste ano. O alumnado utilizará as instalacións do Centro de Formación Irmás Froilaz de mércores a venres, en horario de mañá, ata completar un total de 210 horas de formación durante un período de 35 días.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es