Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA EME2 EMOCIÓN&ARTE ESTREARÁ A OBRA "GET BACK" NO PAZO DA CULTURA
A COMPAÑÍA EME2 EMOCIÓN&ARTE ESTREARÁ A OBRA
As representacións desta comedia programadas na localidade terán lugar os días 23 e 24 de setembro
Narón, 22 de setembro de 2016. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o 23 de setembro a estrea da comedia teatral “Get Back”. A compañía Eme-2 Emoción&Arte é a encargada do espectáculo, que comezará ás 20.30 horas. A concelleira de Cultura e vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou a obra acompañada polo director, Jorge Coira, o autor, Diego Ameixeiras, e Mercedes Castro e Federico Pérez, integrantes do elenco. A representación –dunha duración de hora e media- tamén terá lugar na xornada do sábado, día 24, a partir das 20.00 horas, tal e como recordou a edil de Cultura. As persoas interesadas en acudir a esta cita cultural poden adquirir as entradas na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e abonados.
Miguel Guido, Alfonso Agra e Tamara Canosa completan o elenco desta obra, procedentes do mundo do teatro nalgúns casos pero tamén do audiovisual e que estarán durante todo o espectáculo subidos ao escenario. A comedia comeza cun incidente no metro de Londres e aborda o tema da emigración. Catro galegos e un inglés son os protagonistas da historia, na que a retranca tras o incidente xogará un papel fundamental no desenvolvemento dos feitos.
A actriz Mercedes Castro agradeceu ao Concello de Narón e ao Padroado da Cultura a boa acollida “do equipo técnico e humano”, en nome da compañía Eme2 Emoción&Arte. Sobre o espectáculo en si, unha idea orixinal do escritor e xornalista Camilo Franco, o tamén xornalista e guionista Diego Ameixeiras destacou que “é un traballo fundamentalmente en grupo, no que tiven a sorte de que a medida que ía escribindo mantiña reunións con todo o equipo, e no tramo final fomos afinando o texto e tiven a sorte de que me convidaran aos primeiros ensaios, o que foi unha experiencia moi gratificante”. O traballo de documentación realizado por Camilo Franco cobra especial relevancia nesta historia, tal e como apuntou Ameixeiras, que incidiu en que “hai unha parada física e emocional na que o público poderá coñecer as esperanzas e derrotas destes galegos que marcharon, como moitos, a Londres a buscar a vida”.
A do día 23 será a primera ocasión na que Jorge Coira dirixirá unha obra de teatro, según el mesmo explicou. “Eu vin teatro en Narón varias veces pero a estrea é algo completamente novo e teño moitas ganas de que chegue ese momento”. Coira incidiu no feito de que “Narón é un dos municipios de toda Galicia donde hai un público máis formado, máis especializado e máis potente en teatro, algo que tamén impón moito respecto”. Así mesmo, asegurou que a obra desenvólvese “durante unha hora e media na que pasan moitas cousas, e na que os personaxes poden mirarse a si mesmos un momento e ver qué lles falta e qué ocorre; é unha mistura de comedia e drama”.
A edil de Cultura recordou que a representación de “Get Back” será a primeira das estreas contempladas na programación aprobada polo Padroado da Cultura para o segundo semestre deste ano. Ferreiro animou á veciñanza a acudir a este espectáculo, “que teremos a honra de poder estrear en Narón no marco desta programación do segundo semestre do ano do Padroado da Cultura, que contempla unha ampla oferta dirixida a diferentes tipos de público nos diversos espectáculos contratados e na que haberá outras estreas teatrais”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal