Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN CONVOCA SEIS NOVOS CURSOS PARA DESENVOLVER ESTE ANO
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN CONVOCA SEIS NOVOS CURSOS PARA DESENVOLVER ESTE ANO
O período de inscrición nas modalidades ofertadas abrirase o luns, día 26 de setembro, e as 139 prazas dispoñibles en total cubriranse por rigorosa orde de solicitude
Narón, 23 de setembro de 2016. A Concellería de Formación abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo de inscrición en seis novas accións formativas que se desenvolverán antes de que remate o ano. A edil responsable da área, Natalia Hermida, recordou que se trata de cursos dirixidos a desempregados da localidade maiores de 18 anos. As persoas interesadas en acudir poderán anotarse no Rexistro municipal ata o venres 30 de setembro, en horario de 8.30 a 13.00, debendo cumplimentar unhas instancias que poderán solicitar no propio Rexistro ou descargar da páxina web: www.naron.es. As prazas, un total de 139 para o conxunto das modalidades, cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.
Os cursos convocados son de “Atención ao público e habelencias comunicativas”, de 150 horas e con 15 prazas; de “Prevención de riscos laborais con Prevención de Riscos (P.R.) e Medio Ambiente (M.A.) Naval”, de 76 horas e con 20 prazas; “Medio Ambiente Naval e Prevención de Riscos Naval”, de 16 horas e tamén 40 prazas (20 en cada unha das dúas edicións); “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos”, de 5 horas e con 20 prazas; “Primeiros auxilios”, tamén con 20 prazas e de cinco horas, e, por último, “Operador carretilleiro/a e Operador de plataforma elevadora con certificación UNE”, de 35 horas e con 24 prazas (tamén con dúas edicións de doce alumnos ou alumnas cada unha).
Os participantes na acción formativa de “Atención ao público e habelencias comunicativas” abordarán temas como os procesos de venda, a venda online, atención ao público e técnicas de autocontrol, entre outros. No que respecta aos de “Prevención de riscos laborais con P.R Naval e M.A. Naval” e “Prevención de riscos laborais e Medio Ambiente Naval” trátase de áreas máis específicas para o citado sector, apostando por unha formación demandada polas empresas de cara ao posible incremento do seu plantel, axustando en certo modo os contidos ao perfil que demandan as compañías, tal e como explicou a edil de Formación. Outra das modalidades ofertadas, de “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos”, dividirase en formación común e específica para os distintos sectores (alimentación, industria, hostalería). Así mesmo, o de “Primeiros auxilios” dará a coñecer sa técnicas básicas sobre a materia e a acción formativa de “Carretilleiro/a e Plataforma Elevadora Móbil de Persoal (PEMP) con certificación UNE” ensinará ao alumnado a manexar carretillas de manutención Tipo I e II según a normativa UNE 58451 e o de plataformas elevadoras de tixeira e de brazo articulado coa UNE 58923.
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, subliñou que “máis dun centenar de veciños e veciñas de Narón desempregados terán unha nova oportunidade con estas accións formativas”. A edil destacou que “desde o goberno local continuaremos incidindo na importancia da formación de cara a axudar na medida das posibilidades da administración local a aquelas persoas da localidade que non teñen un traballo, para que poidan ampliar a súa formación sen ter que afrontar gastos relativos á mesma e incrementando as súas posibilidades de cara a poder acceder ao mercado laboral”.
As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602; 1120;1107 e 1123).


Descarga de archivos
Prevención de riscos e Medio ambienteTamaño: 180,31 KBDescargar
Prevención de riscos laborais/NavalTamaño: 181,96 KBDescargar
Primeiros auxiliosTamaño: 179,61 KBDescargar
Atención ao públicoTamaño: 178,12 KBDescargar
Hixiene alimentariaTamaño: 183,47 KBDescargar
Carretilleiro/a con PEMPTamaño: 182,23 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal