Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINARÁ ESTE ANO 800.000 EUROS Á INSTALACIÓN DE ALUMEADO LED EN VARIAS ZONAS DO MUNICIPIO
O CONCELLO DESTINARÁ ESTE ANO 800.000 EUROS Á INSTALACIÓN DE ALUMEADO LED EN VARIAS ZONAS DO MUNICIPIO
As actuacións proxectadas permitirán cambiar este ano o sistema de iluminación na práctica totalidade dos barrios da Gándara e A Solaina, entre outros.
Narón, 24 de setembro de 2016. O Concello de Narón destinará este ano unha partida global de 800.000 euros á instalación de alumeado led en varias rúas e prazas do termo municipal. O edil de Obras, Pablo Mauriz, explicou que a partida procede maioritariamente das arcas locais, “xa que deses 800.000 euros, un total de 500.000 aportounos o Concello e os 300.000 restantes proceden do Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña, correspondente ao ano 2015 e que se executará antes de finais deste ano”. O edil indicou que según as previsións, a factura enerxética do Concello podería reducirse en máis de 100.000 euros ao ano cando se completen todos os traballos proxectados na zona urbana.
As actuacións contempladas con cargo a este orzamento permitirán dotar de alumeado led á práctica totalidade dos barrios da Gándara e A Solaina, pero tamén á zona das Vivendas de Profeco; á avenida Bernardo Romero (no polígono de Río do Pozo); aos pavillóns das Lagoas e Campo da Serra e ao vial principal da urbanización do Couto, tal e como explicou Mauriz.
“O obxectivo destes traballos é reducir o máximo posible as emisións de dióxido de carbono á atmósfera e, ao tempo, continuar disminuíndo o gasto en consumo eléctrico do Concello”, asegurou o edil de Obras. Así mesmo, subliñou a importancia de acometer estas intervencións que, ao mesmo tempo, dixo, “permitirannos reducir tamén os gastos que anualmente asumimos derivados do mantemento das luminarias actualmente instaladas de luz convencional, que rexistran varias avarías, ao ter o novo alumeado led unha garantía de dez anos”. A colocación destes equipos, cunha vida útil considerablemente maior, ofrecerá tamén unha serie de garantías a nivel medioambiental, xa que ademais de non ter mercurio, pódense reciclar.
“Unha vez que rematen os traballos proxectados ata finais deste ano poderase constatar que a sensación de luminosidade aumenta considerablemente coa tecnoloxía led, cunha elevada eficiencia enerxética, o que tamén é unha vantaxe importante con respecto ao servizo das actuais luminarias”, recalcou o edil de Obras. Mauriz recordou ao respecto que nos barrios da Solaina e da Gándara xa se levaron a cabo tarefas de instalación de alumeado led en varias zonas, aínda que ata finais de ano continuarán desenvovéndose os proxectados nestes dous barrios ata conseguir que todas as vías e plazas destas zonas da localidade dispoñan de alumeado led.
Así mesmo, o concelleiro naronés avanzou que nos orzamentos do vindeiro ano se contemplarán partidas destinadas a ampliar este tipo de alumeado ao resto da zona urbana, comezando pola parroquia de Xuvia e polo Camiño do Pino.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal