Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O TEATRO CLÁSICO E A MÚSICA E DANZA POPULARES CHEGAN ESTA FIN DE SEMANA AO PAZO DA CULTURA
A Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá e o grupo musical Pesdelán protagonizan os espectáculos programados para o 30 de setembro e o 1 de outubro
Narón, 28 de setembro de 2016. O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous espectáculos, un de teatro, coa obra "Cervantina", a cargo da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá, e outro musical, "Na punta do pé", do grupo Pesdelán, todo un guiño á música e a danza populares. A representación teatral será o venres, día 30, ás 20.30 horas, mentres que o espectáculo musical terá lugar na xornada do sábado, día 1 de outubro, a partir das 20.00 horas. As entradas para ambas propostas están xa á venda na taquilla do Pazo, a un prezo cada unha de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. A obra "Cervantina", baseada en textos de Miguel de Cervantes, é unha coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá. O público poderá recoñecer nesta peza fragmentos de recoñecidas novelas como "Don Quijote de la Mancha", "La gitanilla" ou "El coloquio de los perros", entre outros. O humor, a adaptación dos textos e a evolución dos personaxes que protagonizan esta obra de teatro clásico son dous factores a ter moi en conta neste espectáculo, que constitúe toda unha homenaxe ao escritor español Miguel de Cervantes. No caso do espectáculo "Na punta do pé" os asistentes terán a oportunidade de escoitar temas do primeiro disco do grupo Pesdelán, do que xa se venderon milleiros de copias. A participación do público e a recuperación das festas caracterizan os seus traballos, con músicos que interpretarán un amplo repertorio co que gozará o público asistente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal