Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E A EDIL DE PROMOCIÓN SOCIAL VISITARON O CENTRO "MANUELA PÉREZ SEQUEIROS" CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
Os representantes do goberno local entregaron unha flor aos usuarios do Centro de Día, cos que conversaron animadamente durante a súa visita
Narón, 30 de setembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, desprazáronse esta mañá ao Centro Comunitario Integrado de Atención ás Persoas Maiores “Manuela Pérez Sequeiros”, para visitar ás persoas que acuden ao Centro de Día, ás que saudaron persoalmente. O acto programouse con motivo do Día Internacional dos Maiores, que se conmemora o 1 de outubro, e con ese motivo o rexedor e a edil entregaron aos homes e mulleres alí presentes unha flor como agasallo para recordar a xornada. Blanco e Sabio conversaron animadamente cos maiores, que lles contaron as actividades que desenvolven a diario nas instalacións e destacaron a labor do persoal que atende o centro. “Mañá conmemórase o Día Internacional das Persoas Maiores, unha data moi significativa para todos e todas e que desde o goberno local queremos celebrar con esta visita, agradecéndovos a vosa excelente acollida e o bo uso que lle dades a este centro, que como ben sabedes está á vosa enteira disposición para que gocedes de cantas actividades se programen", asegurou o alcalde. Pola súa parte, a edil de Promoción Social tamén valorou os servizos prestados no “Manuela Pérez Sequeiros” e destacou a implicación dos maiores e das súas familias nas actividades que se celebran nas instalacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal