Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE ESTATÍSTICA E A AVV DO VAL AVANZAN NO PROXECTO DE NOVA NUMERACIÓN, SINALIZACIÓN E RECUPERACIÓN DE TOPONIMIA NA PARROQUIA
A concelleira da área, Mar Gómez, agradeceu a colaboración dos veciños e veciñas do Val e tamén o traballo do persoal municipal
Narón, 3 de outubro de 2016. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, reuniuse no Concello con representantes da Asociación de Veciños do Val e persoal do citado departamento na administración local para avanzar nas tarefas de nova numeración de vivendas, sinalización de lugares e recuperación de toponimia na parroquia. A edil naronesa destacou e agradeceu a colaboración da AVV e, en xeral, dos veciños e das veciñas do Val, “pola súa implicación á hora de axudar no traballo de campo que require este importante proxecto”. A entidade veciñal da parroquia exporá no local social os planos da zona do Val, que estarán a disposición dos residentes dos distintos lugares para que os consulten e realicen as aportacións que consideren oportunas, tal e como apuntou Gómez. “A colaboración das persoas que viven nos lugares do rural é fundamental para que esta iniciativa finalice cun resultado óptimo e nos permita evitar, unha vez rematadas as tarefas previstas, os problemas que aínda se rexistran en determinadas zonas do municipio e que tratamos de solventar dun xeito definitivo coa axuda veciñal”, destacou a concelleira. “Para os residentes da zona rural, ao igual que no núcleo urbán, resulta imprescindible ter un enderezo postal fixo, co que poder localizar a vivenda á menor brevidade posible, como se se tratase da zona urbana, e sobre todo cando se precisan servizos médicos ou dos bombeiros, da policía e de Correos, por citar algúns exemplos”, explicou. A previsión é rematar estas tarefas, proxectadas en toda a zona rural e semiurbana do Concello, na presente lexislatura, según indicou a responsable da área. Os traballos que se realizan agora no Val son continuidade dos realizados nas parroquias de San Mateo, A Faísca e San Xiao, tal e como recordou a concelleira de Estatística, que tamén tivo palabras de agradecemento para os veciños e veciñas que alí residen, polas súas aportacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal