Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE BIBLIOTECAS CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA "EU LEO, EU SON BOOKTUBER"
A CONCELLERÍA DE BIBLIOTECAS CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA
A proposta consiste na gravación de vídeos sobre experiencias lectoras nas instalacións da Biblioteca municipal o 15 de outubro para presentalos o 29 deste mes
Narón, 3 de outubro de 2016. A Concellería de Bibliotecas programa unha nova actividade coa que celebrar o Día Mundial das Bibliotecas, que se conmemora o vindeiro día 24. A iniciativa está programada para a canle de Youtube “Eu leo, eu son booktuber” –que alcanza a súa segunda edición- e dirixida a xente de todas as idades que pode participar a título particular ou en grupos de ata tres persoas. Así o indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo, que recordou que a proposta consiste en gravar vídeos sobre libros e experiencias lectoras. Deberán gravarse nas instalacións da propia Biblioteca o sábado 15 de outubro durante a mañá, e presentaranse ao público o 29 de outubro, data na que se sucederán varios actos con motivo do Día Mundial das Bibliotecas, tal e como avanzou a concelleira.
As gravacións terán unha duración de entre catro e sete minutos e estarán protagonizadas polos usuarios e usuarias da Biblioteca. Recomendar un estilo literario, o libro que máis lles gustou, a publicación que non recomendarían ou os mellores libros para ler según a idade, son algúns dos temas que poden centrar a temática dos vídeos.
Na canle “Eu leo, eu son booktuber” poden verse os traballos presentados á primeira edición desta iniciativa, que se convocou desde a Concellería de Bibliotecas no marco da celebración do Día do Libro, o pasado mes de abril.
As persoas que desexen participar nesta nova convocatoria deben anotarse na Biblioteca, chamando ao número de teléfono 981 382 173 ou escribir ao correo electrónico: biblioteca.central@naron.es. O número de prazas é limitado, pero recolleranse as solicitudes presentadas ata o martes día 11 de outubro. No caso de que a demanda de prazas supere á oferta realizarase unha selección, según se avanzou desde a organización.
Desde a Concellería de Bibliotecas animouse á veciñanza a participar nesta nova proposta “na que as recomedacións ou críticas a determinadas publicacións serán o eixo central dunha actividade cuxos resultados poderán ver todas aquelas persoas que accedan á canle da Biblioteca municipal en Youtube”, apuntou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal