Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DE CORENTA EXPOSITORES PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NA "XVI FEIRA DO MEL"
MÁIS DE CORENTA EXPOSITORES PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NA
O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acolle esta cita, na que haberá postos de mel, produtos da horta e artesanía, entre outros.
Narón, 6 de outubro de 2016. A concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mar Gómez, presentou o programa da décimo sexta edición da Feira do Mel que, como en ocasións anteriores, se celebrará no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, os días 8 e 9 de outubro e contará coa participación de máis de 40 expositores de produtos ecolóxicos e artesanais co mel como principal, mais non o único, reclamo. Así, cóntase coa presenza de pequenos e medianos produtores hortofrutícolas, como legumes, queixos, marmelos, aceites, infusións ou cervexas, e tamén de manufacturas en coiro, madeira, xoiaría en prata ou cosméticos, entre outros.
A cita, que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, desenvolverase ámbolos dous días en xornada de mañá e tarde en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, respectivamente. Do mesmo xeito ca nas edicións anteriores, está prevista a participación activa dun bo número de membros da delegación ferrolterrá da Asociación Galega de Apicultura –AGA-, que aproveitarán a ocasión para dar a coñecer a súa actividade e atenderán ás persoas interesadas nesta actividade que cada ano ten máis adeptos.
A edila Mar Gómez animou a veciñanza local e do resto da comarca a se achegar a fin de semana ao Trece para gozar dunha xornada na que a gastronomía ocupará novamente un lugar moi importante, con degustacións de balde de diferentes produtos, mais na que haberá tamén actividades paralelas dirixidas nomeadamente ás crianzas. É o caso dos inchables e os obradoiros de monicreques de cartón. Tanto a rapazada como as persoas adultas poderán participar tamén nun pequeno magosto amenizado cunha actuación musical as dúas xornadas, de 12.00 a 14.00 horas.
A Feira do Mel de Narón é xa un clásico do calendario lúdico-festivo do concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal