Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO SOBRE O MANEXO BÁSICO DO SMARTPHONE
A convocatoria diríxese a un total de oito persoas e desenvolverase do 24 ao 28 de outubro nas instalacións da Casa da Mocidade
Narón, de 10 de outubro de 2016. A Casa da Mocidade, na Gándara, acollerá entre os días 24 e 28 deste mes un Obradoiro sobre o manexo básico do smartphone. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición nesta actividade, que deberá realizarse de xeito presencial nas propias instalacións da Biblioteca municipal (en horario de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00). A actividade, que se desenvolverá na aula de informática da Casa da Mocidade en horario de tarde, de 19.00 a 21.00, é de balde e ofértanse un total de oito prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tal e como apuntou a edil naronesa. Os participantes terán a oportunidade de mellorar o manexo dos seus teléfonos móbiles utilizando as aplicación básicas. O envío de datos a través dos móbiles, como fotografías, gravacións de audio, correos electrónicos, etc. serán algúns dos apartados a abordar neste obradoiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal