Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CICLO DE TEATRO AFECCIONADO PROGRAMADO NO AUDITORIO MUNICIPAL REMATA ESTA FIN DE SEMANA
O CICLO DE TEATRO AFECCIONADO PROGRAMADO NO AUDITORIO MUNICIPAL REMATA ESTA FIN DE SEMANA
As comedias "A casa do senador" e "Terapia de bar", das compañías Porta Aberta Teatro e O aturuxo de Melpómene, respectivamente, pecharán a convocatoria, cuxa entrada é de balde
Narón, 10 de outubro de 2016. O ciclo de Teatro Afeccionado programado no Auditorio municipal rematará esta semana coa representación dos dous últimos espectáculos. O mércores, día 12, será o turno da compañía Porta Aberta Teatro, que representará a obra "A casa do senador", e o domingo, día 16, O aturuxo de Melpómene subirase ao escenario para estrear a obra "Terapia de bar", dirixida polo naronés Jose Luis Prieto. As actuacións comezarán ás 20.00 horas e a entrada é de balde.
"A casa do senador" é unha comedia dirixida a todo tipo de públicos que fará gozar aos espectadores a base de ocurrentes experiencias. A última das obras, "Terapia de bar", é tamén unha comedia, neste caso de terror, que xira ó redor dun escenario común, o bar “Da Costa”, no que se aplican unha serie de terapias que eliminan vicios pero a base de danos colaterais.
Este ciclo de Teatro Afeccionado comezou o pasado 18 de setembro, sendo a compañía Nova Escena Teatro a encargada de abrilo coa posta en escena da obra "A apócema". Os espectáculos programados continuaron desenvolvéndose os días 2 e 9 de outubro, coas representacións de "Media de callos" e "Misterios", con Tiruleque Teatro e O aturuxo de Melpómene, respectivamente. O Padroado da Cultura de Narón colaborou neste ciclo, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e coordinado pola asociación teatral O aturuxo de Melpómene.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal