Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL RESPALDA AO CONSELLO ESCOLAR E Á ANPA DO CPI DO FEAL NA SÚA REIVINDICACIÓN DE MÁIS PRAZAS DE COMEDOR
A comunidade escolar presentou unas 800 sinaturas na Xunta de Galicia urxindo a convocatoria de máis prazas debido á elevada demanda do servizo neste centro
Narón, 10 de outubro de 2016. A concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, anunciou o respaldo do goberno local de Narón á solicitude do Consello Escolar do CPI do Feal para instar á Xunta a ampliar o número de prazas de comedor escolar adxudicadas este curso ao citado centro. A edil amosou a súa disconformidade coa decisión da administración autonómica por non atender as reclamacións formuladas polo Consello Escolar e a Anpa do CPI do Feal ante o Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos centros docentes non universitarios, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O citado organismo rexeitou ampliar as 89 prazas de comedor dispoñibles no colexio do Feal, o que supón deixar fóra deste servizo a preto dun cento de demandantes do mesmo, tal e como recordou a concelleira responsable da área. “Desde o goberno local de Narón respaldamos unha por unha as reivindicacións formuladas desde o Consello Escolar e a Anpa do Feal, e urximos á Xunta a revisión dos criterios de preferencia para a concesión das prazas de comedor, porque a incompatibilidade laboral é o último indicativo valorado e precisamente é un dos que consideramos fundamentais de cara á conciliación da vida familiar dos usuarios do servizo”, recalcou Taibo. A edil de Ensino apuntou que no presente curso escolar solicitaron o servizo de comedor no Feal un total de 184 alumnos e alumnas e lamentou o feito de que moitos deles –máis da metade- queden sen praza debido á negativa da Xunta a ampliar as existentes. As instalacións do centro dispoñen de capacidade para un total de 144 usuarios, co que o espazo non representaría impedimento algún nestes momentos, tal e como recalcou a concelleira de Ensino, para ampliar as prazas existentes. Mercedes Taibo respaldou tamén as iniciativas desenvolvidas desde a Comunidade Educativa do centro, que presentaron case 800 sinaturas solicitándolle á Xunta a revisión dos criterios de preferencia; a ampliación temporalmente neste curso das prazas asignadas facilitando o acceso ao servizo ás familias máis desfavorecidas e o incremento das prazas asignadas definitivamente para o vindeiro curso escolar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal