Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU UNHA HOMENAXE A MARÍA DEL CARMEN LAMAS SÁNCHEZ, VECIÑA CENTENARIA DA LOCALIDADE
O CONCELLO ACOLLEU UNHA HOMENAXE A MARÍA DEL CARMEN LAMAS SÁNCHEZ, VECIÑA CENTENARIA DA LOCALIDADE
A convocatoria enmarcouse nos actos programados con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores
Narón, 11 de outubro de 2016. O Concello de Narón acolleu hoxe unha homenaxe a María del Carmen Lamas Sánchez, de 103 anos e veciña de Narón. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, presidiron o acto, acompañados por portavoces dos grupos da corporación local e familiares da homenaxeada. A cita forma parte dos actos organizados desde o goberno local para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, que tivo lugar o pasado 1 de outubro. Nacida no ano 1913, cumprirá 104 anos o vindeiro 26 de marzo, tal e como recordou durante a animada conversa que mantivo cos representantes do goberno local. A centenaria recibiu como agasallo unhas flores e algunhas publicacións do Concello de mans do alcalde e da edil de Promoción Social.
“Non sei cómo cheguei aos 103 anos”, asegurou cando lle preguntaron cal era o segredo para estar tan ben á súa idade. A homenaxeada recoñeceu que aínda hoxe axuda nalgunhas labores domésticas do día a día, como doblar roupa ou pelar patacas. Así mesmo, a centenaria aludiu a algunhas etapas da súa xuventude. “No baile de Catabois gañei un primeiro premio e déronme unha caixa de bombóns e en Serantes tamén gañei e regaláronme un parasol e ao meu compañeiro unha botella de licor, pero só bailaba tango”, explicou.
María del Carmen Lamas naceu en Serantes. Filla de Manuel Lamas e de Mercedes Sánchez, María del Carmen tivo un fillo e unha filla (falecida esta última a principios deste ano), e reside na actualidade cun dos seus netos –fillo da filla- na zona do Alto. Tivo catro netos (un tamén faleceu) e xa goza da compaña de cinco bisnetos, tal e como lles contou hoxe aos representantes do goberno local. María del Carmen asegurou tamén que é unha muller moi familiar e agradece os coidados que lle brinda a súa familia. “Eu axudei sempre en todo o que puiden á miña familia e agora cóidanme eles a min, quérenme moito”, contou unha emocionada María del Carmen.
Antes de rematar o acto, a homenaxeada e os seus familiares sacaron unha fotografía no Concello para recordar esta data. O alcalde e a edil de Promoción Social agradeceron á muller a súa presencia e tamén a dos seus familiares.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal