Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ UNHAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE "VESPA VELUTINA E MEDIO AMBIENTE"
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ UNHAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE
O Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura convocaron tres conferencias que terán lugar os días 14 e 15 de outubro
Narón, 12 de outubro de 2016. A Concellería de Medio Ambiente de Narón organiza, en colaboración coa delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) unhas xornadas técnicas sobre a “Vespa velutina e medio ambiente”. O edil responsable da área, Octavio Dopico, indicou que se trata dun total de tres conferencias que se desenvolverán o venres día 14 e o sábado 15 no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros e abertas á participación da cidadanía en xeral.
Na primeira das convocatorias, o vindeiro venres, será o biólogo e asesor técnico agrícola Jesús Asorey o encargado de abordar, a partir das 19.00 horas, o “Presente e futuro da velutina; visión xeral da problemática da velutina en Galicia”. Na xornada do sábado día 15 terán lugar as outras dúas ponencias, unha comezará ás 10.00, sobre “Sistemas de control da velutina e o botiquín do apicultor”, a cargo do responsable comarcal de AGA, Rafael Nieto, e a outra será ás 12.00 e impartiráa Xesús Feás, veterinario, químico e investigador na USC, que falará sobre as “Vías de investigación europeas da velutina”.
A Concellería de Medio Ambiente de Narón colabora con AGA na divulgación da problemática que supón na actualidade esta especie invasora en canto ao seu perigo medioambiental. Desde a Asociación Galega de Apicultura explicaron, tal e como recordou Dopico, que Galicia e Euskadi son as zonas do norte de España máis afectadas por esta especie, que segue incrementando a súa presencia. “Aos danos medioambientais derivados da proliferación das vespas velutinas hai que engadir os causados no ámbito económico no sector tanto apícola como froitícola, danando as colleitas, e tamén os xerados a nivel sanitario entre a poboación a través das picaduras desta especie de vespas, cun potente veleno”, apuntou o edil naronés.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal