Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A VALEDORA DO POBO ARQUIVA A DENUNCIA PRESENTADA POR ENE SOBRE O REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL
A VALEDORA DO POBO ARQUIVA A DENUNCIA PRESENTADA POR ENE SOBRE O REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL
O alcalde, José Manuel Blanco, subliñou que os informes remitidos desde o goberno local foron determinantes para o arquivo da denuncia
Narón, 17 de outubro de 2016. A Valedora do Pobo, Milagros María Otero, arquivou o escrito presentado polo representante de Eliximos Narón Electores (ENE), disconforme co Regulamento Orgánico Municipal, no que se regulan, entre outros asuntos, as mocións e determinan as que se poden incluír nas sesións plenarias de carácter ordinario. Vista a documentación remitida desde Alcaldía, a Valedora incide no feito de que a tramitación e aprobación do documento levouse a cabo cos votos favorables de vinte dos vinte e un concelleiros da corporación local naronesa (todos menos o de ENE). No que respecta ao número máximo de mocións que se poden presentar por pleno, dúas por grupo, a Valedora recurre á información enviada desde o goberno local na que se explica que se adopta a medida “para evitar unha duración excesiva destes actos, e mesmo proscribir unha tendenciosa utilización dos tempos por parte daqueles grupos que, por ser minoritarios, pertenden obter nas sesións o peso que as urnas lles denegaron”. Ao mesmo tempo, a medida permite dotar os plenos de “superior eficacia e efectividade” e, tal e como se indica, o feito de non limitalas, ao igual que o tempo das intervencións dos edís, “non parecen medidas prudentes nin axeitadas, senón coadxuvantes do fenómeno coñecido como filibusteirismo”, tal e como se indica no documento enviado desde o Concello a Milagros María Otero.
No escrito remitido pola Valedora do Pobo alúdese tamén ao informe municipal para apuntar que “non se preveu ningunha limitación discriminatoria con ningún grupo municipal” e tamén se recorda que a Xunta de Portavoces se comprometeu a estudar a posibilidade de incrementar puntualmente o número de mocións a debater nos plenos, no caso de producirse acontecementos excepcionais e a xuízo da maioría dos seus membros. O informe califica ademáis de “falsa” e “torticeira” a afirmación de que “os grupos de goberno poden presentar calquera proposta e a oposición non, ao tratar de igualar as mocións coas propostas de goberno que corresponden precisamente a aqueles representantes públicos aos que o pobo elixiu para gobernar”.
Así mesmo, na avaliación realizada por Otero tamén se ten en conta que o edil de ENE non efectuou ningunha alegación contra o proxecto de regulamento no período que permaneceu a exposición pública o documento para a súa aprobación inicial, nin interpuxo recursos unha vez aprobado definitivamente e publicado. O feito de que a normativa ten “vocación de permanencia e eficacia normativa” foi tamén destacado pola Valedora do Pobo.
A conclusión da Valedora vén a dar a razón ás declaracións realizadas hai tan só uns días polo alcalde naronés, José Manuel Blanco, en relación ao portavoz de ENE. O rexedor local destacou o feito de que a resposta de Milagros María Otero “é un paso máis para intentar paralizar a actitude deste edil, que con este tipo de actuacións obriga ao funcionariado a realizar un traballo extra para contestar a asuntos que teñen un carácter máis administrativo que político”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal