Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS CONVOCA UNHA ACCIÓN FORMATIVA DO PROGRAMA EMPREG@TIC
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS CONVOCA UNHA ACCIÓN FORMATIVA DO PROGRAMA EMPREG@TIC
A concelleira da área, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de matrícula se abrirá o día 24 de outubro
Narón, 21 de outubro de 2016. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura, o vindeiro luns, día 24, do prazo de inscrición nunha nova acción formativa –con dúas edicións- do programa municipal Emple@tic. “Alfabetización dixital: ofimática, trámites online, busca de emprego a través de internet” é o título do curso, do que haberá dúas convocatorias, de 110 horas cada unha delas, en horario de mañá e tarde. Os destinatarios desta acción formativa son veciñas e veciños de Narón, maiores de 18 anos e desempregados. As datas de celebración previstas son do 7 de novembro ao 21 de decembro, na Aula Cemit de Xuvia.
Nesta acción formativa abordaranse programas como o Writer, e temáticas como as follas de cálculo, trámites online, sinatura electrónica de documentos, alfabetización dixital para a busca de emprego, pasos para pedir citas previas en internet, etc.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo, de balde, a partir do luns, de 8.30 horas a 13.30 horas, ata o 2 de novembro no Rexistro do Concello, cubrindo unha instancia xenérica dispoñible no propio Rexistro e podendo indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e unha vez que os seleccionados reciban comunicación desde o Concello da súa admisión disporán de dous días para presentar fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar).
A concelleira de Formación asegurou que “as accións que se convocan desde o Concello sobre alfabetización dixital e informática en xeral teñen sempre moi boa aceptación entre as veciñas e os veciños da localidade”. O feito de que neste caso concreto se reserven para persoas desempregadas “constitúe unha oportunidade para o colectivo á hora de mellorar a súa formación nunha área que hoxe en día é básica á hora de buscar un traballo”, apuntou Hermida.
A edil naronesa avanzou ademais que nos vindeiros meses, ata finais de ano, convocaranse tamén accións educativas dirixidas a nenos e nenas da localidade.
Para obter máis información sobre a acción formativa do programa municipal Emple@tic pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext.: 1123).


Descarga de archivos
InstanciaTamaño: 110,56 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal