Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A VALEDORA DO POBO ARQUIVA UNHA NOVA QUEIXA PRESENTADA POLO EDIL DE ELIXIMOS NARÓN ELECTORES
A VALEDORA DO POBO ARQUIVA UNHA NOVA QUEIXA PRESENTADA POLO EDIL DE ELIXIMOS NARÓN ELECTORES
O alcalde, José Manuel Blanco, lamentou os continuos traballos que o edil obriga a facer aos funcionarios municipais presentando queixas "que carecen de sentido" e subliñou que vinte dos vinte e un concelleiros da corporación local aprobaron o Regulamento Orgánico municipal
Narón, 21 de outubro de 2016. A Valedora do Pobo, Milagros Otero arquivou unha segunda queixa remitida polo representante de Eliximos Narón Electores (ENE), a raíz dunha alegación presentada pola Asociación ASCM ao Regulamento Municipal do Concello. O edil apuntaba no seu escrito que o Regulamento “non facilita a accesibilidade dos discapacitados á zona pública do local habilitado para a celebración dos plenos municipais e para o acceso á información pública”. Trala oportuna comunicación o goberno local enviou un escrito á Valedora que a levou a pechar o expediente. “Á vista da realidade dos feitos, este novo pau deberíalle servir ao concelleiro para evitar os continuos traballos que obriga a facer aos funcionarios municipais presentando continuamente queixas que carecen de sentido”, tal e como apuntou o alcalde, José Manuel Blanco.
En aras de defender os intereses da veciñanza, desde a Alcaldía de Narón tramitouse como unha alegación a queixa da ASCM, encargándose os preceptivos informes xurídicos e técnicos e nos que se conclúe, tal e como se lle informou á Valedora, que “o itinerario de acceso desde o exterior do edificio e de comunicación vertical e horizontal ata o terceiro andar, donde se sitúa o local de bancadas do salón de plenos, permite ás persoas con discapacidade e mobilidade reducida a súa asistencia á celebración dos citados actos”.
A maiores, e tamén co fin de facilitar o acceso á información municipal a toda a cidadanía, estanse publicando as actas íntegras dos plenos na páxina web do Concello e na de Transparencia, esta última recentemente felicitada pola súa calidade e vocación didáctica desde a Federación Española de Municipios e Provincias.
“Resulta cando menos curioso que un concelleiro se erixa como representante dunha asociación para presentar unha queixa ante a Valedora do Pobo”, apuntou o alcalde, José Manuel Blanco, que incidiu novamente en que “vinte dos vinte e un concelleiros da corporación local, o que é o mesmo que todos menos o representante de ENE, aprobaron o citado Regulamento Orgánico do Concello, no que en ningún momento se regulan cuestións de accesibilidade”. En todo caso, apuntou o alcalde, “o tema queda pechado con esta resolución da Valedora na que se atenden os informes emitidos a nivel xurídico e técnico desde o Concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal