Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL RESPALDA AS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS CONTRA A APLICACIÓN DAS REVÁLIDAS EN ESO E BACHARELATO
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, incidiu no feito de que a medida tan só constribuirá a "desestabilizar o sistema educativo"
Narón, 24 de outubro de 2016. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, confirmou o respaldo do goberno local de Narón ás entidades convocantes das mobilizacións que contra a reválida na ESO e en Bacharelato están programadas para o mércores 26 de outubro. O Sindicato de Estudantes e a Confederación de Anpas de centros públicos impulsan a manifestación que se secundará na citada xornada en varias cidades galegas, entre elas Ferrol, a partir das 12.00 horas desde a Praza de España, nas inmediacións do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Así mesmo, convocouse unha concentración desde a Plataforma Galega en Defesa do Ensino Público que terá lugar, na mesma ubicación do municipio veciño, ás 19.00 horas. A convocatoria, baixo o lema “Nin reválidas nin Lomce”, representa a primeira folga deste curso 2016-2017. A edil naronesa recordou que no pleno celebrado a finais do pasado mes de marzo se aprobou unha moción presentada polo equipo de goberno –TEGA, PSOE e BNG- e EU e que finalmente apoiou ENE (só a rexeitaron os cinco edís do PP) instando á Consellería de Educación a paralizar de inmediato o calendario de aplicación da Lomce e a supresión das reválidas. “Aplicar este sistema limita considerablemente o futuro educativo do alumnado, ao implantar uns exames finais ao remate das etapas da ESO e Bacharelato, as reválidas, que aínda que superen con éxito os cursos pertinentes, no caso de que as suspendan obrigaráos a optar só á FP Básica, no caso da ESO ou impediralles acceder a estudos universitarios, no de Bacharelato”, explicou Taibo. “Consideramos que non se trata dunha medida xusta e que tan só desestabilizará o sistema educativo, polo que estamos totalmente en contra da aplicación das reválidas”, subliñou a edil de Ensino.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal