Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ACTIVIDADE "BIBLIOTECA NA RÚA" PECHARÁ A PROGRAMACIÓN DESEÑADA DESDE O CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
A ACTIVIDADE
A convocatoria, que inclúe varias actividades e dará a coñecer os servizos da Biblioteca municipal na Praza de Galicia, desenvolverase o 29 de outubro en horario de mañá e tarde
Narón, 27 de outubro de 2016. As actividades organizadas desde o Concello de Narón para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas –que tivo lugar o pasado luns, día 24- continuarán desenvolvéndose este sábado, día 29. A edil da área, Mercedes Taibo, recordou que durante a xornada terá lugar a actividade “Biblioteca na rúa”, convocada na Praza de Galicia entre as 10.30 e as 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas. “Trátase dunha xornada na que as veciñas e os veciños poderán coñecer todos os servizos que se ofrecen nas instalacións da Biblioteca municipal do Alto”, explicou.
Así mesmo, durante a mañá programouse a sesión “Conto contigo”, protagonizada polo contacontos e actor Manuel Solla e na que a maxia, os títeres e a animación terán un papel fundamental, combinados en todo momento co mundo dos libros. A cita será de 11.00 a 12.00 tamén na Praza de Galicia.
A programación continuará pola tarde cos obradoiros de chapas persoalizadas e graffiti. A biblioteca será de novo o tema central desta actividade, cos libros como punto de partida. Os asistentes, que non precisarán inscribirse previamente, elaborarán un mural de xeito conxunto con lemas aos que finalmente un grafiteiro profesional dará forma, a modo de peche da actividade. No caso de mal tempo as actividades previstas trasladaranse ao Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia.
As instalacións da Biblioteca municipal de Narón, localizada na rúa 25 de Xullo, contan na actualidade con 16.319 socios, unha cifra, tal e como destacou Taibo, “que se incrementa día a día e que dá conta do bo traballo que se desenvolve desde estas instalacións municipais, atractivo para persoas de diferentes idades e con múltiples convocatorias de actividades de moi diversa índole ao longo do ano”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal