Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE PRESIDIRÁ A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello acollerá o acto de creación deste novo órgano, co que se aposta pola implicación das veciñas e dos vecinos da localidade na vida municipal
Narón, 27 de outubro de 2016. O Consello Xeral de Participación Cidadá, o órgano máis amplo de participación veciñal no ámbito da xestión municipal enmarcado no Regulamento de Participación Cidadá de Narón, constituirase mañá, día 28, nun acto programado ás 19.00 horas no Concello (entrechán). O alcalde, José Manuel Blanco, será o encargado de presidir a convocatoria, na que se nomeará oficialmente aos seus integrantes. A finalidade deste órgano será abordar diferentes temas relacionados co municipio en xeral, apostando así pola implicación e corresponsabilización da veciñanza no ámbito municipal. Unha vez constituído oficialmente elaborarase un regulamento interno que rexirá o funcionamento do mesmo e que deberá aprobarse no pleno municipal. O Consello Xeral de Participación Cidadá estará formado por seis representantes da zona urbana; tres da rural; unha persoa de cada barrio e parroquia (dos catorce Consellos Territoriais); unha do Consello Sectorial de Igualdade e persoal de todos os grupos políticos. Así mesmo, os asistentes plantexarán os temas que consideren oportunos para abordar nas vindeiras sesións, outro dos cometidos deste órgano de participación cidadá. A planificación urbanística da cidade, os orzamentos, o programa municipal “Narón saudable” ou o Regulamento de uso de centros cívicos municipais formarán parte dos temas a abordar nestas convocatorias. A xuntanza programada para mañá terá continuidade cunha periodicidade semestral, estando previsto celebrar a próxima entre xaneiro e xuño de 2017.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal