Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO UNHA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS QUE PERMITIRÁ CONXELAR TAXAS E REBAIXAR O COEFICIENTE DO IBI
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO UNHA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS QUE PERMITIRÁ CONXELAR TAXAS E REBAIXAR O COEFICIENTE DO IBI
Na sesión acordouse homenaxear a tres empresarios da localidade cuxas compañías levan máis de 75 anos asentadas no municipio
Narón, 27 de outubro de 2016. O tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- aprobou no pleno unha modificación de ordenanzas, rexeitándose as enmendas presentadas polo PP e ENE ás mesmas. Realizaranse basicamente cambios técnicos, destacando os da área económica a aplicar, que suporán a conxelación de taxas e a redución da cota do IBI ao 0,65 –tras unha anterior rebaixa ao 0,66 en abril deste mesmo ano-, o que baixará o recibo á veciñanza tanto este ano como os vindeiros. Así mesmo, no referente aos pagos de taxas, acordouse ampliar as posibilidades de fraccionamento para as persoas cuxa situación económica actual así o requira. Na sesión desta tarde o goberno local aprobou tamén unha modificación de crédito por importe de 916.495,39 euros, con cargo á que se acometerán varias intervencións e actuacións, como a merca de terreos para ampliar o parque fluvial de Freixeiro; a adquisición de material para o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis), a redacción de proxectos en materia de accesibilidade e seguridade e obras de reparación en viais e beirarrúas, entre outras.
Así mesmo, a corporación local aprobou por unanimidade a xustificación dunha partida de 25.801,98 euros en concepto de subvencións concedidas a clubes e entidades deportivas. Os beneficiarios das axudas que foron nesta ocasión ao pleno son: o Club de Cazadores A Faísca; o Club de Amigos da Chave; a Escola de Kárate A Gándara; a Unión Colombófila Mensaxeira Mariñas Altas; o Círculo de Xadrez de Narón; o Pikate Racing; a Sociedade Deportiva Recreativa E.C. O Freixo; Álex Racing; O Club Deportivo Lodairo; O Club de Fútbol Sala Narón; o Motoclub Fojeteiros; o Club Auto Clásicos Narón; o Club Scalextric Ferrolterra; o MTB Eskornabois; o de Tiro Olímpico O Castro; o Narón Tenis de Mesa; o de fútbol de San Mateo e o de Caza e Pesca Xuvia.
Á sesión plenaria desta tarde levouse tamén unha proposta para nomear como rúa Antonio Martínez Aneiros un vial localizado no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val, que se aprobou no pleno. A iniciativa partiu da Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val e apoiárona representantes da Cooperativa-Fundación Terra de Trasancos e da Sociedade Deportiva O Val, a modo de recoñecemento ao veciño da parroquia e primeiro alcalde da democracia no Concello de Narón, Antonio Martínez Aneiros. Tamén a proposta da citada asociación veciñal e co respaldo das dúas entidades anteriormente citadas saíu adiante unha declaración institucional acordando nomear como Complexo Social Antonio Martínez Aneiros ao conxunto formado, entre outros, polo local social, a escola pública, a pista polideportiva e o consultorio médico localizados no Val.
A corporación local aprobou durante a sesión, coa abstención do edil de ENE, a proposta para realizar unha homenaxe a tres empresarios de Narón que levan máis de 75 anos asentados no municipio. Os responsables e xestores das firmas Megasa SA; Tranvías de Ferrol SA e Grupo Intaf (Industrias e Talleres Franco) serán homenaxeados proximamente nun acto a desenvolver na localidade e programado co fin de recoñecer a labor desenvolvida durante máis de 75 anos en Narón.
No apartado das mocións, abordouse unha presentada polo Grupo Mixto (ENE) para a implantación dunha ordenanza e taxas para a regulación da publicidade no Concello, respaldada polos edís do goberno local e o representante de EU. Así mesmo, por vía de urxencia o edil de EU plantexou outra, aprobada cos únicos votos en contra do PP, rexeitando as políticas de austeridade derivadas das esixencias da UE e do establecido na Lei de Estabilidade Orzamentaria e na que tamén se solicita, entre outras cuestións, a unión necesaria das corporacións locais para combater os efectos negativos das políticas de austeridade sobre os cidadáns.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal