Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PARROQUIA DE SAN MATEO ACOLLERÁ VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO "SAMAÍN" ORGANIZADOS POLO PADROADO DA CULTURA E A AVV TRASANCOS
A PARROQUIA DE SAN MATEO ACOLLERÁ VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO
As citas festivas desenvolveranse nas xornadas dos días 30 e 31 de outubro pola tarde no Centro Cívico e nas súas inmediacións
Narón, 29 de outubro de 2016. O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños Trasancos, de San Mateo, organizaron un completo programa para celebrar o “Samaín”. As propostas para a convocatoria deste ano comezarán na xornada do domingo, día 30, cun obradoiro de maquillaxe e outro de decoración de cabazas que dará comezo ás 17.00 horas e terá lugar nunha carpa instalada nas inmediacións do Centro Cívico de San Mateo. Nesa mesma ubicación poderanse ver as cabazas deseñadas por alumnado de centros de ensino públicos e privados de Narón con motivo do “Samaín” e programados desde o Padroado da Cultura, como en anos anteriores. Un total de setecentos rapaces e rapazas de terceiro e cuarto curso de Primaria participaron nesta proposta que se desenvolveu nas aulas dos propios centros.
A convocatoria central terá lugar na xornada do luns, 31 de outubro, cando a actividade comezará tamén ás 17.00 horas –e programouse ata as 19.00-, cun novo obradoiro de decoración de cabazas e outro de maquillaxe dirixidos aos nenos e nenas que desexen participar, independentemente de que estiveran ou non incluídos entre os destinatarios dos obradoiros do Padroado. Durante o desenvolvemento da actividade servirase unha pequena merenda aos menores implicados na mesma, tal e como recordaron desde a organización.
O contacontos Celso Sanmartín será o encargado de entreter aos asistentes cunha divertida sesión de “Contos do Samaín”, programada entre as 19.15 e as 20.15. Ao remate desta proposta a “Comitiva de luces e tebras” partirá, sobre as 20.30, das inmediacións do local social de San Mateo, realizando un percorrido no que os asistentes portarán candeas nas mans e que deixará constancia do arraigo da mitoloxía popular na cultura galega en torno ao mundo dos mortos.
O programa deseñado para a xornada do luns rematará cun “Obradoiro do medo”, que terá lugar na antiga escola de San Mateo e que consistirá nun labirinto que depara varias sorpresas para todos aqueles que o percorran. A cita será entre as 21.30 e as 22.30 horas, según as previsións.
Co fin de completar a xornada final do “Samaín”, tamén o vindeiro luns se ofrecerá aos asistentes por un prezo dun euro unha cunca de caldo galego –cociñado por persoas da parroquia-, acompañado de “liscos”, pan e bebidas sen alcol. O apartado musical quedará cuberto coa actuación do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal