Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE PRESIDIU A CONSTITUCIÓN OFICIAL DO CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O ALCALDE PRESIDIU A CONSTITUCIÓN OFICIAL DO CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O novo órgano reunirase dúas veces ao ano e os seus integrantes abordarán diferentes temas relacionados coa cidade
Narón, 28 de outubro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, é o presidente do Consello Xeral de Participación Cidadá, un órgano constituído oficialmente e enmarcado no Regulamento Municipal de Participación Cidadá do Concello de Narón. A vicepresidenta será a concelleira da área, Catalina García, e en representación dos grupos políticos da corporación local formarán parte do mesmo os edís: Natalia Hermida (TEGA); Laura Pena (PP); Pablo Villamar (BNG); Octavio Dopico (PSOE) e Alfonso Casal (Grupo Mixto). Así mesmo, haberá seis representantes da zona urbana; tres da rural, un de cada barrio e parroquia (dos Consellos Territoriais), outro do Consello Sectorial de Igualdade e un secretario, representante este último do Servizo Sociocomunitario Municipal.
Os representantes das entidades urbanas no Consello Xeral son: José García (San Mateo); Luis Doce (San Xiao); Antonio Fernández (O Val); Gilberto Puente (Pedroso) e José Luis Merlán (Doso), se ben os de Castro e Sedes están pendientes de designación, ao igual que os que exercerán a título individual para as zonas urbana e rural. Nesta última área, en representación das entidades estarán no Consello Xeral: Maribel Mouriz (Freixeiro); María Casal (A Gándara); Paulino García (Alto do Castiñeiro); Bruno González (Piñeiros); Ramón Couto (O Couto); Guillermo López (Santa Icía) e Manuel Gregorio (Xuvia).
Os asistentes recibiron ao inicio da convocatoria copias do Regulamento de Participación Cidadá. O alcalde, José Manuel Blanco, dirixiuse á veciñanza convocada ao acto para destacar o traballo realizado na área durante algo máis de dous anos. “Os Consellos requiren tempo, traballo colectivo e dun xeito arduo, polo que espero que participedes neste novo órgano coa mesma ilusión que fixestes ata o de agora”, asegurou. O primeiro edil valorou o esforzo das veciñas e veciños que se implican nestes Consellos e comprometeu o máximo respaldo do goberno local a este tipo de iniciativas encamiñadas a fomentar a participación cidadá na localidade.
Así mesmo, o rexedor local explicou aos asistentes algúns dos posibles temas a abordar, como os orzamentos nos que xa se está traballando; as ordenanzas municipais ou o Plan Edusi –de fondos europeos- solicitado conxuntamente con Ferrol para optar a 15 millóns de euros, en conxunto, para destinar a investimentos e do que se ultima a proposta para a segunda convocatoria –na primeira a proposta quedou fóra por 0,25 puntos-, que debe estar lista a mediados de decembro deste ano.
O Consello Xeral de Participación Cidadá reunirase dúas veces ao ano e as decisións adoptaranse por maioría dos seus integrantes. Disporá dun regulamento interno propio, aínda por elaborar, e dunha Comisión de seguemento.
A través do Consello Xeral de Participación Cidadá continuarase apostando por implicar á veciñanza na vida política municipal. “Este órgano permitirá debater diversos temas relacionados coa vida cotiá, ao tempo que ao contar con información dos Consellos Sectoriais e Territoriais, permitirá cumprir cos obxectivos trazados na área de participación”, destacou o alcalde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal