Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE TURISMO CONVOCA O "VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira da área, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de presentación de imaxes a este certame abrirá o 2 de novembro
Narón, 30 de outubro de 2016. A Concellería de Turismo abrirá o vindeiro mércores, 2 de novembro, o prazo de presentación de imaxes ao “VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. A concelleira da área, Natalia Hermida, explicou que os traballos poderán presentarse ata o 18 de novembro (incluído) no Rexistro municipal ou no quinto andar do Concello, entre as 8.30 e as 13.30 horas. Os participantes deben ser maiores de idade e a temática das imaxes, tal e como indicou Hermida, será sobre a riqueza de Narón, tanto a nivel patrimonial como sobre espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares, sendo obrigatorio que se recoñeza que o lugar ou o seu entorno é na localidade. En total repartirase unha partida de 1.200 euros en premios. Cada concursante poderá presentar (nun sobre, con pseudónimo e cunha copia en CD das imaxes) ata tres fotografías, en cor ou en branco e negro, cunha resolución mínima de 1024x768 píxels e nos formatos JPG, TIFF ou PNG. As imaxes non deberán estar retocadas e opcionalmente cabe a posibilidade de presentalas en formato papel, cun tamaño mínimo de 20x25 e máximo de 30x45 centímetros. O gañador do primeiro premio recibirá 750 euros en metálico, se ben o segundo e o terceiro están dotados con 300 e 150 respectivamente. O xurado valorará a calidade técnico-artística da imaxe (15 puntos); a orixinalidade (10) e o grao de representatividade do Concello (5). Os premios entregaranse nun acto público que se convocará desde o Consistorio. A concelleira de Turismo recordou que ao igual que en anteriores convocatorias, “as tres imaxes premiadas, ademais doutras que se presenten a este certame, ilustrarán o calendario de sobremesa do Concello de Narón para o vindeiro ano 2017". As persoas interesadas en presentarse a esta nova edición do concurso poden consultar as bases completas do mesmo na páxina web do Concello de Narón –www.naron.es- e para calquera aclaración pódese chamar tamén ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517).
Descarga de archivos
Bases do concurso
Tamaño:125,28 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal