Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTADA A I GALA DO COMERCIO DE NARÓN, QUE TERÁ LUGAR O 24 DE MAIO NA PRAZA DE A GÁNDARA
PRESENTADA A I GALA DO COMERCIO DE NARÓN, QUE TERÁ LUGAR O 24 DE MAIO NA PRAZA DE A GÁNDARA
Narón, 9 de Maio de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar ante os medios de comunicación a primeira Gala do Comercio, que terá lugar o sábado 24 de Maio a partires das 20 horas, na Praza de A Gándara. Este evento, que conta cun orzamento de 50.000 euros, está organizado polas Concellerías de Promoción Económica, Festas e Ocio, e Protocolo, en colaboración coa Alcaldía de Narón.

O rexedor municipal, Xoán Gato, destacou hoxe a importancia desta iniciativa xa que “Narón necesita darse a coñecer a sí mismo e a fora. Hoxe en día, o noso comercio ofrece a mesma calidade e variedade que o de outros concellos máis grandes, e seguramente a mellor precio”, dixo.

Pola súa banda, a delegada de Festas, Mª del Mar Gómez, declarou que con esta iniciativa “ampliamos o abano de posibilidades de ocio en Narón”.

A I Gala do Comercio consistirá nun desfile de moda no que participarán perto de 30 comercios de Narón, de todo tipo. “Haberá moda infantil, de adulto, xuvenil, deportes, festa, noivas, lencería e floristerías, entre outros”, sinalou a delegada de Promoción Económica, Angeles Díaz. A Concelleira recalcou que a entrada ó evento será libre e gratuita e que o aforo é de 1.500 persoas, para o cal a organización instalará un número de cadeiras semellante.

Para poder levar a cabo a Gala, instalarase na Praza de A Gándara unha carpa climatizada na que se realizará o desfile, a cargo de modelos de todo tipo. Haberá maniquíes profesionais, e tamén veciños/as de Narón que se subirán á pasarela de xeito desinteresado. Ademáis, haberá pases de roupa de tallas grandes (44-46-48)

A Gala do Comercio se levará a cabo en colaboración coa Asociación de Veciños de A Gándara, e dende o Concello se invitará a asistir a diferentes autoridades e cargos institucionais.

Angeles Díaz recordou que este evento enmárcase na liña de traballo que ven desenvolvendo a Concellería de Promoción Económica dende a súa creación, en Outubro de 2007. A este respecto, o Alcalde engadiu que a intención do goberno local é realizar unha actividade de promoción do comercio local coincidindo con cada unha das estacións do ano. Xa se fixo a Campaña de Navidade no 2007, en primaveira será a Gala do Comercio, e para outono está prevista a presentación dunha páxina web sobre o comercio de Narón.

Ademáis, durante a celebración da Gala do Comercio, haberá unha importante sorpresa que de seguro recibirá o respaldo de tódolos comerciantes do municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal