Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A AVV "OS IRMANDIÑOS" ORGANIZAN UN MAGOSTO
A programación deseñada para o 5 de novembro terá lugar no pavillón polideportivo do Val e inclúe ademáis da tradicional degustación de castañas sesións de xogos populares e de música tradicional
Narón, 3 de novembro de 2016. As instalacións do pavillón polideportivo do Val acollerán o vindeiro sábado, día 5, o tradicional Magosto. Un ano máis o Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizan esta cita, que terá un apartado solidario nesta ocasión cunha recollida de alimentos non perecedeiros que se destinarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, animou á veciñanza a sumarse a esta cita festiva, para a que se deseñou un variado programa que ademais da tradicional degustación de castañas inclúe xogos e música tradicionais. A programación comezará a desenvolverse ás 17.00 horas, cunha sesión de xogos populares e tradicionais. Ao remate da mesma, sobre as 19.00 horas, dará comezo a actuación da Banda de Gaitas e do Grupo de Danza “Alxibeira”, do Padroado da Cultura de Narón. A tradicional degustación de castañas será ás 20.30, hora á que tamén se servirán “liscos” aos asistentes, e a música voltará de novo ao Val a partir das 22.00 horas, coa actuación do grupo folk “Chiculate”. “Desde o Padroado da Cultura de Narón respaldamos esta actividade co fin de impulsar as festas de marcado carácter tradicional en Galicia, ao tempo que descentralizamos as diversas actividades culturais en tódalas parroquias de Narón, convocando diferentes eventos ao longo do ano tanto na zona urbana como na rural”, apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal