Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DE DOUSCENTOS ESCOLARES DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA MUNICIPAL "ARTE NA ESCOLA"
MÁIS DE DOUSCENTOS ESCOLARES DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA MUNICIPAL
A iniciativa, impulsada desde a Concellería de Ensino, xa se levou a cabo no CRA de Domirón e tamén solicitaron esta actividade os colexios da Solaina, A Gándara, O Feal, Santiago Apóstol, o CRA do Val, o Ayala e o Ponte de Xuvia
Narón, 4 de novembro de 2016. Alumnado de varios centros educativos da localidade participa estes días no programa municipal “Arte na escola”, impulsado desde a Concellería de Ensino e enmarcado na proposta de “Apoio educativo aos centros”. A edil da área, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha iniciativa “na que queremos implicar ás nenas e nenos nunha actividade artística que, ao mesmo tempo permite dun xeito lúdico e participativo fomentar a creatividade dos menores, a cooperación entre eles e a decoración de espazos elixidos desde os propios centros con deseños propostos por monitores da actividade”. Algo máis de douscentos escolares participarán ata finais de ano nesta proposta, que se convoca en horario lectivo e se dirixe a nenos e nenas de Infantil e de Primaria. A pasada semana rematouse a actividade programada no CRA de Domirón, donde o alumnado estivo traballando nas aulas abordando as obras de Joan Miró, un dos máximos expoñentes da pintura surrealista en España, e recuperou a obra deste recoñecido pintor para realizar esta actividade. A segunda semana de novembro está previsto comezar o deseño elaborado para decorar unha parede do comedor do colexio da Solaina, espazo elixido desde o centro.
Os nenos de catro e cinco anos traballan en grupos reducidos e no caso de Domirón pintaron unha parte do muro do patio cuberto, cun deseño elixido desde o centro e a base de pintura acrílica especial para exteriores. Previamente os monitores que colaboran na actividade desprázanse aos centros para revisar o espazo no que se pintará o mural, acondicionándoo no caso de que sexa preciso para que a pintura se manteña no tempo nas condicións idóneas, tal e como explicou Taibo. Cada día o alumnado implicado na iniciativa, de luns a venres, pinta durante dúas horas, continuadas antes do recreo. “As temáticas son libres, pero teñen que estar vencelladas ao currículo educativo das idades para as que está pensada a actividade, desde Infantil ata Primaria, abordando temas como a arte, hábitos de vida saudables, etc.”, explicou Mercedes Taibo.
A maiores do traballo realizado en Domirón participarán tamén nesta iniciativa de “Arte na escola” alumnas e alumnos dos colexios da Solaina, da Gándara e do Feal antes do Nadal. “Á vista da excelente acollida desta proposta, xa temos novas peticións de centros, polo que a partir de principios do vindeiro ano traballaremos cos colexios Santiago Apóstol, a Unitaria do CRA do Val, o Ayala e o Ponte de Xuvia”, avanzou a Concelleira de Ensino.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal