Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O HIPER FROIZ NARÓN RECIBE O PREMIO AO "COLABORADOR DO ANO" NO FESTIVAL SOLIDARIO CELEBRADO NO PAZO DA CULTURA
O HIPER FROIZ NARÓN RECIBE O PREMIO AO
O Concello e a Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón organizaron a convocatoria, na que se recadaron fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 4 de novembro de 2016. O Hiper Froiz Narón obtivo o recoñecemento ao “Colaborador do ano” outorgado no transcurso do Festival Solidario celebrado no Pazo da Cultura de Narón. O Concello e a Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón organizaron a convocatoria, coa que se recadaron fondos para o Centro de Recursos coa venda das entradas, que tiñan un prezo de cinco euros. A cita comezou ás 20.00 horas e sobre as 21.00 un representante do Hiper Froiz Narón recollía o premio de mans da concelleira de Acción Social, Catalina García, e do presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, José Manuel González. A edil agradeceu a colaboración prestada por este establecemento co Centro de Recursos Solidarios, “por doar cada ano alimentos non perecedeiros e axudar en campañas de recollida de alimentos e produtos de hixiene e limpeza convocadas nas súas instalacións”. Así mesmo, García recordou que esta distinción está pensada para as entidades que colaboran ininterrompidamente co Centro de Recursos Solidarios de Narón desde a súa constitución, no ano 2012.
“O de hoxe é un recoñecemento a unha empresa concreta, pero desde o Concello queremos facer extensivo este agradecemento a prol da colaboración co Centro de Recursos Solidarios de Narón tanto a outras empresas como a todas aquelas persoas que a título individual, ben sexa nas campañas organizadas ou desde as propias instalacións, en Río do Pozo, realizan donativos para axudar ás familias máis desfavorecidas”, asegurou García.
O Festival Solidario comezou coas actuacións de Rocío Varela, Marcos Mella, Hilda Rock, Dani Ríos e Andrés Rodríguez, que compartiron escenario coa monologuista Eva Castro, co mago Deimi e co alumnado da Escola de Baile de Jesús Quiroga. Para todos eles e para a presentadora do acto, Isabel Acedo, tivo tamén palabras de agradecemento a edil de Acción Social de Narón, pola súa desinteresada colaboración neste evento solidario. As persoas que non puideron asistir tiveron tamén a oportunidade de realizar donativos a través da “Fila 0”, realizando ingresos económicos na conta: ES95-0238-8158-060600070448. O Padroado da Cultura de Narón colaborou tamén co Centro de Recursos Solidarios de Narón na organización deste evento solidario.
Unhas oitocentas persoas de Narón e doutros concellos da zona están rexistradas na actualidade como usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón, ubicado na parcela 23 da rúa Gonzalo Navarro, no polígono industrial de Río do Pozo. As instalacións abren as súas portas os luns, martes, xoves e venres de 9.30 a 13.00 e os mércores de 16.30 a 20.00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal