Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PISTA POLIDEPORTIVA DE DOSO ACOLLERÁ A RECREACIÓN TRADICIONAL DA ESFOLLA DO MAÍNZO
A PISTA POLIDEPORTIVA DE DOSO ACOLLERÁ A RECREACIÓN TRADICIONAL DA ESFOLLA DO MAÍNZO
A cita, organizada polo Padroado da Cultura e a AVV "A Naveira" de Doso, terá lugar o 12 de novembro a partir das 17.00 horas
Narón, 8 de novembro de 2016. A pista polideportiva de Doso acollerá un ano máis os actos programados desde o Padroado da Cultura de Narón e a AVV “A Naveira”, de Doso, para recrear a tradicional esfolla do millo. A cita, que alcanza este ano a décimo novena edición, será este sábado, día 12, a partir das 17.00 horas, tal e como anunciou a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. Ademais da esfolla do maínzo, haberá obradoiros, música, danza e moitas máis actividades que se desenvolverán baixo unha carpa localizada na pista polideportiva. “A celebración da esfolla que cada ano se organiza en Doso permite manter viva esta tradición dos nosos ancestros, que chegada esta época do ano retiraban as follas das mazarocas cultivadas para que non pudrira o gran e dábanlle diferentes usos a esas follas, así como aos carozos, para poder retirar o gran co que facían o pan de millo”, recordou a vicepresidenta do Padroado.
Ás 17.00 horas, a saída da Comitiva de Carros de maínzo do lugar da Braña, na parroquia de Doso, marcará o inicio desta recreación da Esfolla. Dous carros cargados con espigas de maínzo, das colleitas da veciñanza da zona, partirán cara á pista polideportiva de Doso, donde veciños e visitantes esfollarán durante parte da tarde nas mazarocas. A tradicional esfolla estará amenizada polos grupos de música e danza tradicional das Escolas do Padroado da Cultura de Narón, que actuarán en Doso festexando a chegada dos carros e recreando o contexto no que antigamente se levaba a cabo esta actividade. Unha vez chegada a noite pechará a convocatoria un concerto do grupo ourensán O Sonoro Maxín, cunha dilatada traxectoria musical a nivel nacional e internacional.
Na pista polideportiva permanecerán tamén expostos durante toda a tarde os bonecos de maínzo realizados por escolares do municipio. A iniciativa partiu un ano máis do Padroado da Cultura de Narón e dirixiuse a nenos e nenas de quinto e sexto curso de Primaria de sete centros escolares da localidade. Desde o pasado día 2 de novembro e ata o vindeiro venres, día 11, “preto de medio milleiro de rapaces e rapazas participarán nos obradoiros impulsados desde o Padroado en colexios de Narón, con sesións dunha hora aproximadamente de duración e nas que se lles explica a tradición da esfolla do millo nas aldeas de Galicia e tamén cómo facer bonecos coas follas que cubren as espigas, recuperando así unha tradición da nosa cultura popular”, tal e como apuntou Ferreiro. Mañá e pasado estes obradoiros desenvolveranse no colexio do Feal e o día 11 no da Solaina, en horario de 9.00 a 14.00. A maiores dos bonecos expostos baixo a carpa, o propio sábado os asistentes á Recreación Tradicional da Esfolla de Doso terán a oportunidade de participar nun destes obradoiros de bonecos de maínzo, dirixidos a persoas de todas as idades.
Así mesmo, haberá un obradoiro de bolas da sartén, no que tamén poderán participar todos aqueles que o desexen. Os maiores serán os encargados de impartir este taller, recuperando unha receita tradicional das bolas de sartén (cuxos ingredientes principais son a fariña milla e a auga), que se poderán degustar durante a tarde. Haberá tamén un concurso de sobremesas, elaboradas con produtos de tempada, cuxos participantes recibirán un agasallo.
A vicepresidenta do Padroado anima á veciñanza de Narón e comarca a acudir a esta cita caracterizada con roupas da época, vestindo prendas de lá, de pana, panos floreados, mantóns… e outras típicas de principios do século XX. Ferreiro destacou a importancia de descentralizar este tipo de eventos de recuperación da cultura tradicional galega nas parroquias, ao tempo que agradeceu a participación dos nenos e nenas nos talleres convocados desde o Padroado da Cultura e tamén a implicación da AVV “A Naveira” na organización, un ano máis, deste evento festivo en Doso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal