Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ACTOR E HUMORISTA BERTO ROMERO PROTAGONIZARÁ O MONÓLOGO PROGRAMADO PARA ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
O espectáculo "Berto sigue con nosotros" terá lugar o 12 de novembro a partir das 19.00 horas
Narón, 9 de novembro de 2016. Os monólogos chegarán de novo esta fin de semana ao Pazo da Cultura, nesta ocasión o sábado, día 12, e da man de Producciones Etiqueta Negra, co espectáculo "Berto sigue con nosotros". O actor e humorista Berto Romero protagonizará esta cita, duns noventa minutos de duración e que dará comezo ás 19.00 horas. A vida do actor, cos seus traumas e as vivencias coa súa familia serán o eixo central deste monólogo, no que Berto Romero comparte cos espectadores unha serie de leccións aprendidas na súa propia experiencia vital. A música e o baile formarán tamén parte deste evento no que o humor está garantizado de principio a fin. O actor e cómico catalán, cunha dilatada traxectoria profesional en televisión, radio e no teatro, estivo nominado aos premios Goya no ano 2014 como Mellor actor revelación, pola súa participación na película “3 bodas de más” e obtivo o premio ao mellor actor na quinta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Alcobendas (Madrid) polo seu traballo en “2037”, dirixido por Enric Pardo. Berto Romero copresenta na actualidade un programa de radio e tamén colabora en varios programas de cadeas de televisión, entre outros. As entradas para o monólogo que terá lugar o vindeiro sábado están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 17 euros no patio de butacas e de 14 nos anfiteatros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal