Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DE "LA ASAMBLEA DE LAS MUJERES" E O ESPECTÁCULO "NOCHE SABINERA"
Os espectáculos desenvolveranse ás 20.00 horas dos días 19 e 20 de novembro, respectivamente
Narón, 16 de novembro de 2016. O teatro e a música centrarán as actividades programadas para esta fin de semana no Pazo da Cultura. A compañía Pentación Espectáculos representará o sábado, día 19, a obra La asamblea de las mujeres, entre cuxo elenco están Lolita Flores, María Galiana, Sergio Pazos e Pastora Vega, dirixidos polo tamén actor Juan Echanove. A cita, enmarcada ademáis no programa deseñado polo Concello para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, dará comezo ás 20.00 horas. As entradas están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 23 euros para o público en xeral e de 16,10 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Juan Echanove estreouse como director teatral en Mérida con esta obra, que parte dunha comedia de Aristófanes, do ano 392 a.C., versionada agora por Bernardo Sánchez. A situación política contemporánea e os seus paralelismos coa Grecia actual centran a temática desta obra, na que tamén hai espazo para un ton de esmorga e as chirigotas de Entroido. La asamblea de las mujeres plantexa unha revolución feminina encabezada pola protagonista, Praxágora (Lolita), que apoiada por outras mulleres de Atenas participa nun golpe de estado no Parlamento para facerse co goberno. Na xornada do domingo, día 20, terá lugar o espectáculo Noche Sabinera, a cargo de Tertulia Produccións, cunha duración aproximada de dúas horas. A partir das 20.00 horas subirán ao escenario do Pazo da Cultura artistas como Pancho Varona, Antonio García de Diego, Mara Barros, e José Antonio Romero, entre outros protagonistas deste show, que xa se representou noutras cidades de España e en Latinoamérica, no que se interpretarán grandes clásicos do cantante Joaquín Sabina. O prezo das entradas, que xa se poden adquirir na billeteira do Pazo da Cultura, é de 15 euros na venda anticipada e 18 o propio día do espectáculo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal