Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA NADAL
A iniciativa celebrarase do 23 de decembro ao 5 de xaneiro no CRA de Domirón e diríxese a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
Narón, 21 de novembro de 2016. A Concellería de Igualdade convocará un ano máis o programa ConciliaEscola Nadal, que se desenvolverá entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro –en dúas quendas- no CRA de Domirón. A concelleira da área, Teresa Sabio, anunciou a apertura,, o 22 de novembro, do prazo de inscrición nesta nova convocatoria do programa, dirixido a vinte nenos e nenas de Narón de entre 4 e 12 anos. O prazo para apuntarse remata o 2 de decembro e os interesados deben cubrir unha instancia que teñen que entregar no Rexistro do Concello, en horario de 8.30 a 13.30 horas. A taxa para poder participar é de 8,15 euros. A primeira das quendas desenvolverase do 23 ao 29 de decembro e a segunda do 30 de decembro ao 5 de xaneiro. O Concello, que conta cunha subvención da Deputación da Coruña para desenvolver este programa, habilitou dous horarios, de 7.30 a 14.00 (con transporte só de volta) e de 9.00 a 14.00 (con transporte de ida e volta). Os autobuses realizarán paradas en todas as parroquias, se ben os horarios comunicaranse tras unha xuntanza previa ao inicio da actividade. As paradas estableceranse na Casa da Mocidade (Gándara); no polideportivo Campo da Serra (Solaina); no Concello (Alto); nos Centros Cívicos de Piñeiros, San Mateo e Sedes; na Cooperativa do Val; no Pazo Libunca (San Xiao); no Paraxe (Castro), e xunto ás igrexas de Doso e Pedroso. Os participantes, que deberán estar empadroados en Narón e cumprir unha serie de requisitos na súa unidade familiar, terán a oportunidade de participar nunha gran variedade de actividades artísticas e de inglés; de educación para a igualdade, convivencia, e saúde e tempo libre, todas elas mediante o xogo, tal e como indicou Sabio. “Con este programa, que convocamos en varias ocasións ao longo do ano, desde o Concello tratamos de poñer fin aos obstáculos aos que se teñen que enfrontar as nais e os pais que traballan fóra da casa e teñen fillos en idade escolar, colaborando así para que poidan conciliar o mellor posible a súa vida laboral e familiar”, apuntou Teresa Sabio. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario, chamando ao número de teléfono 981 337 7 00 (Extensións: 1113 e 1115).
Descarga de archivos
Ficha de inscrición
Tamaño:435,88 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal