Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACORDO CON FOMENTO PARA CONSTRUIR UNHA ROTONDA NA CONEXIÓN ENTRE O RAMAL DA GÁNDARA E A ESTRADA DA TRINCHEIRA
Narón, 13 de Maio de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e o Concelleiro de Obras Públicas, Carlos Díaz Ramil, reuníronse hoxe en A Coruña co xefe da Demarcación de Estradas de Galicia –dependente do Ministerio de Fomento-, Angel del Río. Este encontro foi definido polo rexedor como “moi satisfactorio”, xa que aceptáronse algunhas das propostas prantexadas polo Concello. A principal é que se construirá na conexión entre a Estrada da Trincheira e o ramal da AP9 en A Gándara unha rotonda que permitirá regular o tráfico e incrementar a seguridade viaria da zona. “Este é o maior logro conseguido na entrevista de hoxe, e que resulta moi importante xa que neste punto conflúe un polígono comercial e varios núcleos de poboación moi poblados”, sinalou o edil de Obras Públicas. A actuación se completará coa instalación de semáforos con pulsador, para mellorar as condicións de tránsito dos peatóns. Para facer posible esta actuación, o Concello destinará perto de 50.000 euros a dita obra e unha cantidade similar para actuacións complementarias nas zonas anexas ós ramais de A Gándara e Xubia. “O Concello está disposto a aportar 100.000 euros para arranxar os danos colaterais desta obra”, explicou o Alcalde. Tamén se actuará nas rúas que rodean ós ramais, coma as de Obispo Argalla ou Concepción Arenal, nas que se realizarán traballos complementarios de mellora. Respecto á rotonda da estrada de Castela á altura de Megasa –feita fora do eixe principal da vía-, os responsables de Fomento non teñen intención de rectificala, segundo lle fixeron saber hoxe ó Concello. Os políticos locais tratarán de conseguir a titularidade desta estrada para poder encargarse do seu mantemento. “Esta glorieta en principio seguirá onde está pero nos, cando teñamos a titularidade da estrada, traballaremos para arranxar esta situación”, indicou o responsable de Obras Públicas de Narón, Carlos Díaz Ramil. Ademáis, os representantes municipais presentaron hoxe ó delegado de Fomento en Galicia un informe sobre as deficiencias no entorno dos ramais de A Gándara e Xuvia, que foi recollido por Angel del Río. Neste documento figuran actuacións que sería preciso realizar en distintos puntos do municipio, coma na zona da Rúa Obispo Argalla, no Colmeote e Cuatro Caminos, en Longras ou O Couto. NEste último vial, segundo recolle o informe redactado por técnicos municipais, habería que rematar as aceras e servizos no entronque da variante coa rúa Souto Vizoso, reparar o vial de acceso ó paso inferior e suprimir o paso a nivel de RENFE, e realizar unha protección das tuberías de abastecemento na súa entrada ó ponte de A Picota. En O Ponto solicítase a Fomento o pintado de dous pasos de cebra a ambos lados da glorieta da Estrada de Castela, e advírtese das reducidas dimensións da ponte da Estrada da Gándara (que incumpre os anchos de paso peatonal e resulta casi inaccesible a minusválidos). En resumen, dende o Concello solicitouse a Fomento a revisión da sinalización viaria nas zonas anexas ós ramail, a instalación de barandillas protectoras no entorno dos accesos, o cumprimento da lei de accesibilidade nas rampas de acceso a aceras (incumpren anchos e pendentes), a reposición total da iluminación e a reparación de desperfectos (como grietas en aceras e pavimentos). O Alcalde anunciou que os 50.000 euros habilitados para obras complementarias adicaranse a algunhas destas actuacións, xa que Fomento non ten pensado polo de agora facerse cargo destos traballos adiccionais. Gato tamén lle expresou ó responsable da Demarcación de Estradas o seu malestar polo feito de que Fomento non cuide os talúdes da autoestrada ó seu paso por Narón “e tampouco nos permita a nos actuar ahí. O ano pasado tivemos que amenazarlles con multalos se non adecentaban a entrada ó municipio, e agora estamos nunha situación similar”, explicou. Aínda con todo, o primeiro edil sinalou que actualmente Narón “é un dos concellos mellor comunicados de toda Galicia, e cando rematen as obras de construcción da autovía Transcantábrica o será aínda máis”, finalizou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal