Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO VALORA A LICITACIÓN POR PARTE DA DEPUTACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO DE AMPLIACIÓN E MELLORA DA ESTRADA DO FEAL
O CONCELLO VALORA A LICITACIÓN POR PARTE DA DEPUTACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO DE AMPLIACIÓN E MELLORA DA ESTRADA DO FEAL
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, avanzou que unha vez se adxudique se solicitará unha reunión co persoal da empresa e da Deputación para abordar a instalación dos servizos de abastecemento e saneamento no tramo no que se prevén as obras
Narón, 22 de novembro de 2016. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, valorou o anuncio da Deputación da Coruña de licitar a redacción do proxecto de ampliación e mellora do vial DP-5407, a estrada do Feal, entre os puntos quilométricos 0,000 e 1,500. O orzamento de licitación ascende a 14.520 euros (IVE incluído), tal e como se recolle no Boletín Oficial da Provincia, e as empresas dispoñen de quince días naturais –contados a partir do 22 de novembro- para presentar as súas ofertas na administración provincial. Villamar recordou que a intervención, comprometida xa no anterior mandato da Deputación, supón a continuidade dos traballos executados anteriormente nun tramo do mesmo vial, concretamente ao tempo que se urbanizou o polígono das Lagoas.
“Trátase dunha obra moi necesaria nesta estrada e tamén moi demandada, polo que valoramos o feito de que se proceda a licitar a redacción do proxecto, confiando en que se adxudique e execute coa maior axilidade posible”, apuntou Villamar. O edil naronés avanzou ademais que unha vez que se coñeza a empresa adxudicataria o goberno local solicitará as pertinentes reunións co equipo redactor e representantes da Deputación da Coruña. “O que queremos nas futuras xuntanzas é coordinar ao máximo o desenvolvemento deste proxecto, ao tempo que incidir en que se teña en conta á hora de materializalo a necesidade de dotar á zona en obras dos necesarios servizos de abastecemento e saneamento”, explicou o concelleiro.
As negociacións impulsadas desde o goberno local permitiron que a licitación da redacción do proxecto sexa hoxe unha realidade. Así, Villamar recordou a xuntanza que como edil de Promoción Económica mantivo o pasado mes de abril co responsable de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, e con persoal técnico da administración provincial. O encontro, apuntou o edil “convocouse para analizar o estado de varias intervencións da administración provincial pendentes de executar na localidade, entre elas esta da estrada do Feal, da que finalmente se licitou a redacción do tan necesario proxecto para a súa ampliación e mellora”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal