Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS PREMIAN A COLABORACIÓN DO HIPER FROIZ NARÓN CO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
O xerente do establecemento, José Ramón Veiga, recolleu un diploma que acredita á empresa como "Colaborador do Ano 2016"
Narón, 24 de novembro de 2016. A concelleira de Acción Social, Catalina García, e Carmen Ponce, vogal e voluntaria da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, entregaron ao xerente do Hiper Froiz Narón, José Ramón Veiga, un diploma que acredita ao establecemento como “Colaborador do Ano” da citada entidade. García valorou a axuda prestada ao Centro de Recursos Solidarios de Narón “desde o inicio da súa actividade”, así como a celeridade coa que actuaron nos casos nos que se precisaba colaboración de modo urxente para atender aos usuarios, preto dun milleiro de persoas de Narón e comarca. O xerente do Hiper Froiz Narón agradeceu o recoñecemento e amosou a dispoñibilidade da empresa a “colaborar en todo o que poidamos neste tipo de causas solidarias”. O acto tivo lugar ás 17.00 horas nas instalacións do Hiper Froiz Narón, no Centro Comercial Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal