Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GRUPO DE MÚSICA SOUL FREEDONIA ACTUARÁ O 25 DE NOVEMBRO NO PAZO DA CULTURA
O GRUPO DE MÚSICA SOUL FREEDONIA ACTUARÁ O 25 DE NOVEMBRO NO PAZO DA CULTURA
A programación cultural do Pazo inclúe na xornada do 26 de novembro teatro infantil e danza contemporánea
Narón, 24 de novembro de 2016. O Pazo da Cultura acollerá o 25 de novembro, a partir das 22.00 horas, un concerto a cargo de Freedonia, na actualidade unha das bandas de referencia na música soul e funk. O espectáculo durará unhas dúas horas e as entradas aínda dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
O grupo Freedonia constituíuse no ano 2006 e publicou no 2012 o seu primeiro álbume homónimo cofinanciado a través da técnica do crowfunding. En decembro de 2014 lanzou o seu segundo traballo, Dignity and Freedom. Os seus temas soarán este venres nas instalacións do Pazo da Cultura, onde o público poderá gozar coa calidade do repertorio desta banda de soul.
O concerto dará paso o sábado, día 26, a dous espectáculos no Pazo, un de teatro infantil e outro de danza. O Café Teatro acollerá unha representación teatral dirixida a bebés e público familiar e infantil. “Múuu… Las cosas de Celia” é o título deste espectáculo, de media hora de duración e que comezará ás 18.00 horas. O prezo das entradas, á venda na billeteira do Pazo, é de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados.
A música e as cores centrarán este espectáculo, no que os bebés teñen a oportunidade de gozar dunha multitude de sons, pero tamén de trucos de maxia, marionetas e xogos malabares. Trátase dunha proposta moi variada que fará gozar aos asistentes desde o seu inicio.
A segunda proposta cultural, tamén para a xornada do sábado, correrá a cargo da compañía Nova Galega de Danza, que trae a Narón o seu espectáculo “Son”. A danza contemporánea fusiónase neste evento coa tradicional galega e o flamenco, cunha decena de coreografías conectadas entre si. Dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados ou persoas que poidan acollerse á tarifa reducida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal