Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL INCIDE NO PLENO EN QUE O PROXECTO DE REFORMA DA PRAZA DO COLEXIO DE XUVIA CONTINÚA Á ESPERA DO DITAME DE PATRIMONIO
O edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, incidiu en que se priorizará a seguridade vial na zona e destacou que se habilitarán máis de medio cento de prazas a cincuenta metros, fronte ás dezaséis actuais
Narón, 24 de novembro de 2016. O proxecto de reforma da Praza do colexio de Xuvia abordouse no pleno desta tarde nunha moción presentada polo PP, que non se aprobou. Presenciaron a sesión unha decena de veciños e veciñas de Xuvia, entre os que non se atopaban representantes dos colectivos cos que o goberno local mantivo varias xuntanzas para abordar este proxecto, a AVV Altea e a Anpa do colexio Ponte de Xuvia, a última esta mesma semana. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que o goberno local continúa á espera de que o departamento autonómico de Patrimonio se pronuncie sobre o documento. Así mesmo, o edil explicou que unha das indicacións realizadas no seu día desde o citado departamento da Xunta foi que a praza debía estar máis humanizada e que sería preciso ter menos coches por esa zona, subliñando Sánchez Fojo que o Concello primará en todo momento a seguridade vial. “O Concello de Narón recibiu un premio a nivel nacional e en breve recollerá outro polo traballo realizado cos escolares en materia de Educación Viaria. En colexios como o Ponte de Xuvia, onde hai un tapón co tráfico ás horas punta, xa nos advertiron desde a Anpa de varios tropezos de menores cos coches, polo que nos colexios con esta problemática donde non temos terreos municipais alugarémolos para aparcamentos disuasorios, co fin de que os pais e nais poidan deixar e recoller aos seus fillos e fillas nos colexios de forma segura”, apuntou. Así mesmo, sobre o proxecto en cuestión, desde o goberno local incidiuse en que no caso de que Patrimonio dea o visto bó, o Concello habilitará sesenta prazas de estacionamento nas inmediacións da estrada de Castela, a cincuenta metros da praza, se ben na actualidade se prevé a supresión de dezaséis. “Xa transmitimos en Consellos Territoriais de Xuvia e explicamos á Anpa que de aprobarse o proxecto non temos problema en sentarnos de novo coa asociación de veciños de Xuvia e a Anpa para volver a falar do proxecto, pero tendo como prioridade garantir a seguridade dos nenos e nenas”. Na mesma liña se manifestou o rexedor local, José Manuel Blanco, que apuntou que na reunión desta semana cos representantes AVV Altea e da Anpa do Ponte de Xuvia, “quedamos abertos a seguir traballando porque entendemos que ese é o camiño a seguir”. Blanco recalcou na súa intervención que o goberno local continúa “totalmente aberto ao diálogo” coa veciñaza sobre este ou calquera outro proxecto impulsado na localidade. Así mesmo, insistiu en que “ata que non se reciba no Concello o documento procedente de Patrimonio da Xunta non haberá ningún movemento na zona”. No pleno desta tarde aprobáronse unha serie de acordos relativos á Empresa Mixta do Medio Ambiente Cosma SA, para conferir ao alcalde, José Manuel Blanco, a representar ao Concello na vindeira Xunta de Accionistas da empresa, no transcurso da que se someterá a aprobación o Plan de Investimentos da mercantil 2017-2022, así como a asinar a documentación precisa para facer efectivo este acordo. Na sesión deuse ademais conta da execución dos orzamentos e movementos de tesourería por operacións correspondentes aos tres primeiros trimestres deste ano e tamén da información que se remitiu ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do estado de execución dos orzamentos tamén nos tres primeiros trimestres de 2016. No apartado de mocións, o Grupo Mixto (EU) presentou unha sobre o regulamento das avaliacións finais (reválidas) en ESO e Bacharelato, que se aprobou cos votos de todos os edís menos os cinco do PP. No documento ínstase ao Goberno central a derogar de xeito inmediato o Real Decreto 310/2016 polo que se regulan as reválidas, por consideralas “un despropósito e unha gran inxustiza para o noso alumnado”. Así mesmo, o grupo de goberno –TEGA, PSOE e BNG- e EU presentaron unha moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista da creación do Estatuto do Feminicidio e para tomar medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica, aprobada por todos os concelleiros e na que o PP se abstivo. O documento avoga por instar á Xunta a trasladar ao Goberno central a necesidade de modificar a lei de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero, iniciando os traballos para habilitar o Estatuto de Vítima de Feminicidio e tamén a promover desde a administración autonómica o diálogo coas organizacións sociais para contrarrestar a violencia económica sobre as mulleres e rescindir contratos na Xunta coas empresas que non cumpran a igualdade laboral e salarial entre homes e mulleres. O rexedor local recordou neste punto que “o Concello de Narón é un dos poucos de Galicia que vai xa polo segundo Plan de Igualdade, o que significa que para chegar aí hai que meter cartos nos orzamentos para poder desenvolver actuacións concretas”. O grupo de goberno e EU tamén aprobaron unha moción para a defensa da lingua galega ante a deslocalización das grandes empresas e os seus efectos negativos no tocante a destrución de emprego e a perda de espazo da lingua galega. No documento, aprobado por unanimidade, maniféstase o apoio ás reividicacións dos traballadores de Extel, que presta servizos para Movistar e que plantexou un ERE para despedir na Coruña a 205 traballadores e traballadoras. A última das mocións incluídas na orde do día foi a plantexada polo Grupo Mixto (ENE), instando ao goberno local a implantar unha ordenanza de Regulación Integrada do Exercicio de actividades e apertura de establecementos, rexeitada polo grupo de goberno e EU. Fóra da orde do día, por vía de urxencia, presentáronse dúas mocións, unha do BNG solicitando a transferencia da AP-9, que se aprobou por unanimidade e outra do PP sobre o desenvolvemento de actividades de prevención en materia de violencia de xénero entre a mocidade que non se aprobou, aclarando desde o goberno local que o Concello impulsa varias actividades co colectivo ao longo do ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal