Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMA UN SEGUNDO PASE DA OBRA "MÚUU... LAS COSAS DE CELIA" AO ESGOTARSE AS ENTRADAS DA PRIMEIRA FUNCIÓN
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMA UN SEGUNDO PASE DA OBRA
Ao pase desta obra de teatro infantil previsto para o 26 de novembro ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura súmase outro ás 19.00 horas para o que se porán á venda un cento de entradas
Narón, 25 de novembro de 2016. A compañía Teloncillo actuará en dous pases mañá sábado, día, 26, tras esgotarse o centenar de entradas dispoñibles para ver a función da obra de teatro para bebés "Muuu… Las cosas de Celia", programada para as 18.00 horas no Café Teatro do Pazo. A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que debido á excelente acollida deste evento, e co fin de atender a elevada demanda, programouse un segundo pase, a partir das 19.00 horas. Ferreiro indicou que as cen entradas dispoñibles –limitadas polo aforo do espazo- poden adquirise a partir de hoxe na billeteira do Pazo da Cultura. O prezo é de 9,50 euros para os abonados e de 6,65 para desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
O espectáculo combinará o teatro coa música, o baile, os malabares e a maxia e está pensado para público infantil, a partir de seis meses. O ambiente que se creará no espazo habilitado como escenario recreará múltiples cores e sensacións cos que Ana Galego e Anxo Sánchez farán gozar ao público na media hora de duración desta obra.
Esta mesma peza teatral representarase a partir da vindeira semana nas escolas infantís municipais e na unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol, no marco da “XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil”, tamén organizada polo Padroado da Cultura de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal