Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO GAÑA O LITIXIO SOBRE O MUIÑO DE XUVIA E INICIARÁ OS TRÁMITES PARA CONVERTILO NUN LUGAR PÚBLICO
Narón, 14 de Maio de 2008.- O Concello de Narón ven de gañar o recurso contencioso-administrativo interposto por Cesar Guerrero Isequilla contra a aprobación definitiva do proxecto de expropiación do muiño de Xuvia, o que lle permite mercar este inmoble para transformalo nun edificio de uso público. Así o confirma a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitida en A Coruña o 30 de Abril de 2008, e feita pública hoxe polo Alcalde de Narón. Xoán Gato explicou ós medios de comunicación que esta sentencia –recibida onte no Concello- “declara o muiño coma un ben de interese público, e por tanto da acceso directo a esa expropiación. Nos xa contactamos co Tribunal de Xustiprezo e en canto reciban a sentencia poderemos entrar a valorar o seu prezo”, dixo o rexedor, quen valorou nun millón de euros o valor de mercado que pode tener este muiño na actualidade. O Alcalde explicou que antes de que remate o verán “esperamos ter aprobado polo Pleno a compra deste muiño e o proxecto de execución do mesmo”. O prazo de tempo que se pon a Alcaldía para rematar estos trámites é de tres meses. Tanto Xoán Gato coma a Tenente de Alcaldía, Angeles Díaz, destacaron hoxe a importancia de recuperar un dos símbolos máis emblemáticos de Narón, e aseguraron que dende o Concello se fará todo o necesario para recuperar a orixinalidade deste lugar, pero dándolle tamén usos lúdicos. “Levamos sete anos inmersos nun proceso xudicial, e por fin se resolveu favorablemente. Quero agradecer o apoio do equipo xurídico do Concello, que tivo moito que ver neste proceso”, dixo o primeiro Edil. ANTECEDENTES Tal e como explicou en rolda de prensa o Alcalde, o muiño de Xuvia foi construido no século XVII e durante moitos anos servíu para elaborar a fariña que a Armada Española necesitaba para as súas travesías intercontinentais, en épocas de guerra. Conscientes da importancia que tivo no pasado esta muiñería e da beleza da súa construcción-feita ó abeiro do río Xuvia- o Concello iniciou no ano 1998 os trámites administrativos necesarios para a súa recuperación. Nesa data elaborouse un proxecto arquitectónico que contemplaba a posta en funcionamento desta instalación, abandonada co paso dos anos. “Queríamos poner a andar o muiño e tíñamos un proxecto para crear no seu interior un museo etnográfico e unha biblioteca especializada neste tema”, indicou Gato. A falta de acordo co propietario foi dilatando no tempo esta idea dos políticos municipais, iniciándose un proceso expropiatorio gracias á reforma do Plan de Urbanismo no ano 1999. “O Plan Xeral de Ordenación Urbana reforma e reclasifica todo o entorno do paseo marítimo de Xuvia, incluido o muiño, incluíndoo dentro do sistema xeral polo cal a lei permitiría a expropiación forzosa”, explicou o Alcalde. Xa no ano 2000 declarouse a urxente e forzosa expropiación, pero os propietarios reclaman e logran paralizar este recurso a través dos tribunais. “Durante estos anos intentamos de todo para poder negociar cos titulares do muiño, pero foi imposible debido ás súas esixencias”, dixo o Alcalde. A modo de exemplo, Xoán Gato explicou que unha das condicións que prantexaban os titulares a cambio desta instalación era a autorización para abrir unha mina de cuarzo en Sedes, algo imposible de realizar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal