Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PROFESIONAIS E ESTUDANTES DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPARON NUN OBRADOIRO DE TEATRO IMPARTIDO POLA COMPAÑÍA TELONCILLO
PROFESIONAIS E ESTUDANTES DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPARON NUN OBRADOIRO DE TEATRO IMPARTIDO POLA COMPAÑÍA TELONCILLO
A sesión desenvolveuse na gardería municipal da Solaina e estaba enmarcada no programa da "XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil" organizada polo Padroado da Cultura de Narón
Narón, 1 de decembro de 2016. A compañía Teloncillo Teatro, de Valladolid, impartiu o pasado martes, día 29, un obradoiro formativo para profesionais e estudantes, enmarcado na “XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” impulsada desde o Padroado da Cultura de Narón. O profesorado das escolas infantís municipais da cidade e o alumnado do Ciclo Formativo Superior de Educación Infantil foi o destinatario desta proposta, que se desenvolveu na gardería municipal da Solaina en horario de tarde, de 17.30 a 19.30.
Os participantes abordaron técnicas de traballo en equipo individual e en grupo e tamén o xeito no que trasladar ás aulas determinadas actividades artísticas.
A compañía Teloncillo Teatro representou desde o pasado luns dúas funcións cada mañá nas escolas infantís de Piñeiros, A Solaina e A Gándara. Hoxe mesmo representou o espectáculo Múuu… Las cosas de Celia na aula de educación Infantil do colexio Santiago Apóstol, tamén en Narón, tal e como recordaron desde o Padroado da Cultura. As funcións programadas nas escolas infantís municipais no marco desta Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, iniciada en outubro con centros escolares e institutos de Narón e comarca –que acudiron ás representacións no Pazo da Cultura- rematan o 1 de decembro coas sesións programadas no Santiago Apóstol.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal