Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
JAVIER MARTÍNEZ E IRENE NAVIDAD GAÑAN O PREMIO DO CONCURSO "MASCOTA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO"
JAVIER MARTÍNEZ E IRENE NAVIDAD GAÑAN O PREMIO DO CONCURSO
O alcalde accidental e edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou na entrega dos agasallos as iniciativas Camiños escolares seguros, Bica e arrinca e os estacionamentos disuasorios xunto aos colexios, todas enmarcadas na área de Educación Viaria
Narón, 1 de decembro de 2016. O alcalde accidental e edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo; a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro, entregaron os premios do concurso “Mascota Camiño Escolar Seguro”, proxecto impulsado desde o equipo de Educación Viaria de Narón, dependente da citada concellería de Seguridade Cidadá. Javier Martínez Dopico, de 8 anos e alumno do colexio Ponte de Xuvia recibiu o premio polo nome da mascota, que será “Pegadas”, e Irene Navidad Chas, de 11 anos e alumna do colexio de Piñeiros, recibiu o premio polo debuxo da mascota, un cempés. Ambos recibiron como agasallo unha sudadera co logo do certame e tamén unha tableta gráfica. Sánchez Fojo e Mercedes Taibo agradeceron a colaboración da comunidade educativa e dirección dos centros, así como a dos alumnos e das alumnas que participaron no concurso. Ao acto asistiron tamén familiares dos gañadores e Pedro Caneiro, Sonia López, Simón Cabarcos e Anabel Bello, do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, animou ás familias a participar nas propostas presentadas en materia de educación viaria e impulsadas desde o goberno local.
“O Concello de Narón leva moitos anos traballando a prol da seguridade cidadá pero sobre todo das rapazas e rapaces nos colexios”, apuntou o alcalde accidental. Así mesmo, destacou a importancia de chegar aos centros escolares “coa máxima seguridade”, e avanzou que o goberno local continuará traballando con esa finalidade. Ao respecto, Sánchez Fojo avanzou que o Concello ultima os “Camiños escolares seguros”, unhas rutas inferiores a un quilómetro para realizar a pé e que se prevén iniciar en xaneiro nos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia e Jorge Juan. “En cada un deles haberá dúas rutas, sinalizadas dunha cor distinta cada unha e con sinais verticais e pintadas no chan, para que en todo momento os nenos e as nenas saiban o percorrido”, apuntou. No referente a estes tramos, Pedro Caneiro indicou que se informará da distancia que queda para chegar aos centros escolares e do tempo e das calorías consumidas. Os nenos e nenas interesados en participar teñen que inscribirse nos seus propios colexios, onde se lles entregará un carné de participante e un chaleco. No referente á colaboración Caneiro apuntou tamén que a Deputación da Coruña participará no deseño dunha aplicación sobre estes “Camiños escolares seguros” que se presentará en canto estea operativa.
O proxecto contou desde o inicio coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón, representada pola súa presidenta, Olga Ameneiro, e tamén doutros empresarios de Narón que facilitaron unha serie de agasallos –tamén o Concello, a través de Mocidade e do Padroado da Cultura- aos que optarán os participantes nos “Camiños escolares seguros”. A todos eles Sánchez Fojo agradeceu a súa implicación nesta iniciativa. Sobre estes camiños, Pedro Caneiro puxo como exemplo o de Piñeiros, donde os tramos partirán das inmediacións da rotonda de Megasa e da rúa Álvaro Paradela cara ao centro escolar. Os rapaces e as rapazas que participen irán sumando puntos que logo poderán canxear polos diversos agasallos que se poderán consultar na páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón, tal e como indicou Ameneiro, que destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas e animou aos empresarios da localidade a implicarse nas mesmas.
A maiores, os establecementos colaboradores que se atopan por estes camiños estarán identificados cunha pegatina de “Tendas amigas do camiño”, e facilitarán axuda aos nenos e nenas no caso de que o precisen.
Así mesmo, Sánchez Fojo avanzou tamén que o Concello impulsará un proxecto pioneiro, o “Bica e arrinca”, co que se aposta, explicou, “por reducir a presenza de vehículos nos centros escolares e favorecer camiños seguros para ir ao colexio”. A proposta comezará nos colexios da Solaina, O Feal, Piñeiros, Ponte de Xuvia e Jorge Juan e consistirá na instalación de sinalización de paradas en torno aos centros para parar o coche, sen estacionar, e darlle un bico de despedida aos nenos e nenas. A reserva será de luns a venres de 8.30 a 9.10 horas e o éxito da proposta está supeditado, subliñou o edil, “a que as familias se comprometan coa iniciativa e eviten circular ou aparcar nas inmediacións dos colexios”.
Finalmente, indicou Sánchez Fojo, “estamos a traballar noutro tema complicado e ás veces algo conflitivo, que son os estacionamientos disuasorios nos contornos dos centros escolares”. “Estes proxectos implantaranse progresivamente en todos os centros escolares de Narón”, tal e como avanzou Sánchez Fojo, que incidiu en que na actualidade “nos centros escolares de Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina, Jorge Juan e do Feal hai atascos e outros problemas que queremos intentar solventar en materia de seguridade viaria”. No caso de Xuvia habilitaranse sesenta prazas xunto á estrada de Castela, a escasos metros do colexio, e nos de Piñeiros e A Solaina hai dous espazos de 6.000 e 10.000 metros cadrados tamén para eses aparcamentos disuasorios", explicou. “Non é sinxelo porque cando queres cambiar unha norma, e as da socidade cambian moito, non é fácil, pero é de agradecer toda a colaboración posible”, subliñou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal