Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN, ADMINISTRACIÓN PIONEIRA NA COMARCA EN IMPARTIR UN CURSO DE "OPERADOR CARRETILLEIRO/A DE PLATAFORMA ELEVADORA CON CERTIFICACIÓN UNE"
O CONCELLO DE NARÓN, ADMINISTRACIÓN PIONEIRA NA COMARCA EN IMPARTIR UN CURSO DE
Un total de corenta e oito persoas desempregadas son as destinatarias desta acción formativa, da que se convocaron catro edicións, fronte ás dúias previstas inicialmente, debido á elevada demanda
Narón, 2 de decembro de 2016. Un total de corenta e oito persoas desempregadas de Narón rematarán antes de finais de ano unha acción formativa sobre “Operador carretilleiro/a e operador de plataforma elevadora, con certificación UNE” impulsado desde a Concellería de Formación, que preside a edil Natalia Hermida. A elevada demanda que rexistrou a convocatoria levou á citada concellería a realizar un “esforzo inversor” para poder convocar dúas edicións a maiores das dúas previstas nun principio. Das catro que se programaron unha xa rematou e as tres restantes –unha para persoas ata 35 anos- estanse a desenvolver na actualidade, en horario de mañá e de tarde. As sesións impártense no Centro Municipal de Formación, na Gándara. Hermida indicou que a partida destinada a estas catro edicións da citada acción formativa ascende a 15.025, 66 euros.
Os participantes nesta acción formativa abordan contidos como o Manexo de carretillas de manutención Tipo I (transpaleta, carretillas transportadoras, apiladores…) e Tipo II (retráctil, carretillas elevadoras de mástil, de brazo, de almacenaxe…) segundo normativa UNE 58451. Así mesmo, tamén está entre os contidos desta acción formativa o Manexo de plataforma elevadora móbil de persoal (PEMP), de tixeira e de brazo articulado, segundo normativa UNE 58923.
“O Concello de Narón é a primeira administración pública da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal en convocar este curso coa indicada certificación UNE, que é a que están solicitando ao seu plantel as compañías que traballan na industria naval”, asegurou Natalia Hermida. A edil destacou que “á vista das elevadas taxas de paro en xeral e no sector da industria naval en particular, coa convocatoria destas accións formativas desde o goberno local apostamos por ofrecer unha certificación axeitada ás necesidades reais das empresas, co fin de mellorar as opcións da veciñanza de Narón á hora de acceder ao mercado laboral”, e apuntou que “en certo modo tamén é unha colaboración coas empresas do sector, que non terán que pagar o curso aos traballadores e ás traballadoras que o realicen a través da administración local no caso de ser contratados”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal