Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CATRO EMPRESAS COMEZAN A REALIZAR TAREFAS DE REPARACIÓN E MELLORA DE ACCESIBILIDADE NAS BEIRARRÚAS DA CIDADE
CATRO EMPRESAS COMEZAN A REALIZAR TAREFAS DE REPARACIÓN E MELLORA DE ACCESIBILIDADE NAS BEIRARRÚAS DA CIDADE
Os barrios da Solaina e A Gándara e a estrada de Castela son as zonas donde xa comezaron a traballar os operarios das compañías, que executarán as tarefas previstas nun prazo estimado de quince días
Narón, 13 de decembro de 2016. A Concellería de Servizos destinará unha partida duns 20.000 euros a tarefas de reparación e mellora de accesibilidade en varias beirarrúas da cidade. Así o anunciou o edil responsable da área, Ibán Santalla, que explicou que son un total de catro empresas as que se encargan, desde esta mesma mañá, de levar a cabo os traballos en varios viais da zona urbana. “Co obxectivo de causar as menores molestias posibles a condutores e viandantes os operarios das compañías traballarán de xeito simultáneo, estando previsto de que as obras proxectadas rematen nun prazo duns quince días”, apuntou Santalla.
A zona da Gándara –incluída a praza-, o barrio da Solaina e a estrada de Castela son as localizacións nas que están previstas a maior parte das intervencións de reparación de danos no pavimento das beirarrúas, así como da realización dos rebaixes necesarios para mellorar a accesibilidade en zonas como os pasos de peóns, según avanzou o concelleiro de Servizos. “Estas actuacións tamén se levarán a cabo noutros puntos da cidade que se lle comunicarán ás empresas contratadas para realizar as pertinentes tarefas”, apuntou o edil, incidindo en que as obras non afectarán só ás zonas anteriormente mencionadas.
“Os traballos previstos permitirán mellorar considerablemente o estado das beirarrúas da nosa cidade que están máis danadas”, asegurou Santalla. O concelleiro destacou o feito de que “ao mesmo tempo, aproveitaremos para continuar avanzando nas tarefas que permitan mellorar a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, porque somos conscientes de que aínda queda traballo por desenvolver neste camiño, e por iso o compromiso do goberno local neste ámbito continúa sendo firme e marcando unha das prioridades á hora de plantexar calquera tipo de actuación desde o goberno local no noso concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal