Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÚSICA, TEATRO, OBRADOIROS, CONCERTOS E UNHA CABALGATA SOLIDARIA CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DO CONCELLO NARONÉS
MÚSICA, TEATRO, OBRADOIROS, CONCERTOS E UNHA CABALGATA SOLIDARIA CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DO CONCELLO NARONÉS
As múltiples actividades sucederanse ata o vindeiro 5 de xaneiro en diferentes espazos públicos e instalacións tanto da zona urbana como rural do municipio
Narón, 14 de decembro de 2016. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou esta mañá xunto cos edís de Cultura, Marián Ferreiro; Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo; Deportes, Román Romero; Acción Social, Catalina García e Promoción Social, Teresa Sabio, a programación deseñada polo Concello para festexar o Nadal. Nos vindeiros días, ata o 5 de xaneiro, desenvolveranse unha gran variedade de actividades dirixidas a todo tipo de públicos ás que desde o goberno local se anima a participar. Os edís naroneses destacaron a diversidade de actos a celebrar nos vindeiros días e tamén o feito de que se trata dunha programación que se levará a cabo en espazos públicos e instalacións municipais ubicados en diferentes barrios da localidade, así como nas parroquias, donde tamén se convocaron varios obradoiros.
O Pazo da Cultura acollerá este sábado un concerto de música tradicional galega, a cargo de The Tambourine Man, con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre como protagonistas. Será ás 20.00 horas. Tamén este sábado terá lugar a “VIII Xornada Moteira Solidaria”, con recollida de alimentos, xoguetes e roupa para os usuarios do Centro de Recursos Solidarios de Narón. O Motoclub Fojeteiros e o Concello coorganizan esta iniciativa, que dará comezo ás 16.00 horas, coa saída desde a Praza de Galicia da ruta moteira, que recollerá a Papá Noel en Xuvia e posteriormente percorrerá de novo a estrada de Castela para voltar con el á Praza de Galicia sobre as 17.30. Alí recibirá aos nenos e nenas e haberá actuacións de música e baile, xogos infantís, un circuíto de karts de Educación Viaria e outro de Scalextric, así como pintacaras e unha chocolatada popular.
A actividade desta fin de semana na Praza de Galicia inclúe ademáis o Narón Street Food Festival, coa “II Concentración de Food Trucks Ferrolterra”, na que participarán once “restaurantes sobre rodas” de Galicia, Asturias, Valencia, Cádiz e Madrid, cunha ampla oferta gastronómica que se poderá degustar de 11.00 a 23.00 nas xornadas do sábado e o domingo.
Así mesmo, o domingo 18 celebrarase no Recinto Feiral do Trece, en Sedes, o Mercado de Segunda Man, no que haberá un total de 106 postos de venta de roupa, libros, xoguetes, artículos de decoración e outros produtos de segunda man. Estará aberto de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e recolleranse alimentos e roupa para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.
A música continuará protagonizando boa parte da programación de Nadal na cidade, cun espectáculo de teatro musical infantil, O mundo máxico de Pinocho, este domingo 18 ás 17.00 horas e un concerto de música gospel o 22 de decembro no Pazo, a partir das 20.30 horas, a cargo de South Carolina Gospel Chorale. O día seguinte, o venres 23, terá lugar o espectáculo Rock Narón, na Praza de Galicia a partir das 21.00 horas. A cita festiva comezará con tributos dos grupos Mártires del Rock (Los Suaves); La oveja negra (Barricada) e os naroneses Black Jack (Beatles e outros), aos que seguirá a actuación da banda cordobesa de rock Medina Azahara. A entrada é de balde e o aforo está limitado a 3.500 persoas.
Papá Noel regresará a Narón na tarde do 24 de decembro, donde será recibido polos nenos e nenas da cidade na Praza de Galicia unha vez que chegue procedente de Xuvia, de onde sairá ás 16.00 horas. Os menores gozarán tamén cos inchables que se instalarán para a ocasión e coa música que soará durante boa parte da tarde.
Outra das propostas festivas para estas datas na localidade son os Poboados Navideños, do programa Nadal Máxico, con obradoiros de cociña para nenos e nenas, espectáculos de maxia, contacontos, obradoiros de adornos de Nadal e un espazo para os máis pequenos con monicreques e contos, entre outras múltiples propostas. Terán continuidade os días 26 e 27 de decembro na Praza de Galicia; o 28 na Praza da Gándara; o 29 na Praza Álvaro Paradela (Freixeiro); o 30 na Praza de Xuvia; o 2 de xaneiro na Praza de Santa Icía e o 3 e o 4 de xaneiro de novo na Praza de Galicia, donde rematarán. En todos os casos terán lugar entre as 16.00 e as 20.00 horas.
O deporte está tamén presente un ano máis entre a oferta da programación de Nadal. O luns 26 de decembro darán comezo as actividades enmarcadas no programa DeporNadal, impulsado desde o Padroado de Deportes e que se desenvolverá ata o 5 de xaneiro, con fútbol sala, tenis de mesa, tiro con arco, patinaxe, remo, natación, judo, balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez, golf e padel en diferentes instalacións da localidade ata o 4 de xaneiro.
A actividade regresará ao Pazo da Cultura o 28 de decembro, cun espectáculo de ballet: La bella durmiente, a partir das 20.30 horas. Así mesmo, o teatro e as artes circenses terán tamén un apartado propio na programación de Nadal. Será o 29 de decembro co espectáculo BB Circus, no Pazo da Cultura, a partir das 18.00 horas e nunha convocatoria, con entrada de balde, na que tamén se recollerán alimentos e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón, preferentemente para os menores.
Ata o vindeiro 29 de decembro desenvolveranse varios obradoiros abertos á cidadanía tanto en espazos públicos como no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Todos serán de balde e xa se iniciaron o pasado día 10, se ben continuarán este venres na Ludoteca da Solaina, o sábado 17 na pista da Igrexa de Piñeiros e a vindeira semana no pavillón municipal de Sedes -22-; no parque do paseo de Xuvia -23-. Tamén se convocaron no Parque Mestre Mateo de Santa Icía -26-; no local social da Pombiña (Pedroso) e na ludoteca da Solaina -27-; na pista e parque de Amalia Díaz, no Alto -28-; e na pista da AVV do Val -29-. En canto aos programados no Centro Manuela Pérez Sequeiros, continuarán os días 22, 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro. As actividades a desenvolver nos mesmos son moi variadas, con obradoiros de graffiti, baile, reciclaxe, muráis, música, xincanas, karaoke e cantaxogos, entre outros.
A Agrupación Musical Cultural Sementeira programou para o 30 de decembro o tradicional Concerto de Fin de Ano. A entrada para o público custará dous euros e comezará ás 20.00 horas no Pazo da Cultura. Tamén terá lugar o día 30 a quinta edición do Encontro Municipal Interxeracional de Cantigas Populares, a partir das 17.00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O día seguinte, na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, será a Festa de Fin de Ano, coa actuación a partir das 00.45 horas da orquestra New York, ata as 04.00 e, a continuación, unha discoteca con DJ´s, todo na Praza de Galicia.
A programación infantil dos días 3 e 4 de xaneiro inclúe un festival no que terá lugar unha recepción aos Reis Magos na Praza de Galicia a partir das 16.00 horas e o 5 de xaneiro haberá unha Cabalgata Solidaria, con saída de Xuvia ás 16.00 e un percorrido pola estrada de Castela das carrozas para chegar ás 17.00 horas á Praza de Galicia. Haberá unha carroza por parroquia e barrio e recadaranse novamente alimentos e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.


Descarga de archivos
Programación de NadalTamaño: 6,09 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal