Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALGO MÁIS DUN CENTO DE PERSOAS RECIBIRON OS DIPLOMAS DE SEIS ACCIÓNS FORMATIVAS MIPULSADAS DESDE O CONCELLO
ALGO MÁIS DUN CENTO DE PERSOAS RECIBIRON OS DIPLOMAS DE SEIS ACCIÓNS FORMATIVAS MIPULSADAS DESDE O CONCELLO
A Concellería de Formación e Mocidade destinou unha partida duns 44.000 euros ao total dos cursos -algún con varias edicións-, que se desenvolveron nos últimos meses deste ano
Narón, 15 de decembro de 2016. A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, entregou hoxe os diplomas correspondentes a seis accións formativas –algunha con varias edicións- impulsadas desde o Concello. Un total de 115 persoas estaban convocadas a esta cita, ao ser as que remataron con éxito os diferentes cursos convocados desde a administración local. A edil naronesa agradeceu o traballo realizado polo persoal técnico do Concello e felicitou aos homes e mulleres que remataron os cursos, animándoos a continuar formándose para ampliar as súas opcións de cara á súa incorporación no mercado laboral. Hermida recordou que o investimento realizado para impartir estes cursos rondou os 44.000 euros, con algo máis de 1.000 horas de formación en total, e destacou que ademáis é o Concello o que proporciona as instalacións nas que se desenvolven as sesións, excepto algunhas prácticas.
Un total de corenta e catro persoas remataron o curso de “Operario carretilleiro/a de plataforma elevadora (PEMP) con certificación UNE”, do que se convocaron un total de catro edicións, que se desenvolveron entre os meses de novembro e decembro deste ano, dirixíndose especificamente unha convocatoria a menores de 35 anos, a través da área de Mocidade. Hermida incidiu na exitosa acollida desta acción, que levou ao Concello a convocar dúas edicións a maiores das previstas inicialmente e tamén destacou o “importante esforzo económico realizado para que Narón fose a administración local pioneira na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal en ofertar de balde este curso, cunha certificación moi específica e orientada ás demandas das empresas do sector naval”.
Tamén recolleron os seus diplomas doce alumnos e alumnas do “Itinerario profesional de inserción en Servizos de Cafetería e bar”, celebrado de setembro a novembro, e catorce do de “Atención ao público e habelencias comunicativas”, que tivo lugar entre outubro e novembro.
Así mesmo, remataron con éxito o curso básico de “Prevención de riscos laborais con PRL sector naval e medio ambiente no sector naval”, de outubro a novembro, un total de vinte persoas e dez –tamén unha muller recibiu o diploma de prevención pero non o de medio ambiente- o de “Prevención de riscos e medio ambiente no sector naval”, iniciado e rematado este mesmo mes. Por último, catorce persoas, tamén menores de 35 anos, remataron entre xullo e novembro o “Itinerario profesional de Carnicería”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal