Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FOOD TRUCKS, MÚSICA, TEATRO, UNHA XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA E UN MERCADO DE SEGUNDA MAN CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE
Nove "restaurantes sobre rodas" estarán os días 17 e 18 na Praza de Galicia ofrecendo unha variada oferta gastronómica a veciños e visitantes en horario ininterrompido, de 11.00 a 23.00
Narón, 16 de decembro de 2016. A Praza de Galicia acollerá mañá boa parte das actividades de Nadal programadas desde o Concello de Narón. Entre as 11.00 e as 23.00 horas permanecerán abertos os nove “restaurantes sobre rodas” que alí se instalarán e que participan este ano no “Narón Street Food Festival”, que alcanza xa a segunda edición de concentración de food trucks. Tamén permanecerán operativas no mesmo horario e ubicación durante a xornada do domingo, día 18. As persoas que se despracen á Praza de Galicia esta fin de semana poderán degustar os platos das food trucks “Con Palillos”, especializada en comida xaponesa; “La Pavoneta Gourmet”, con pratos a base de pavo –turkey leg- e con alimentos aptos para celíacos; “Comecamiños”, de cociña galega; “DeLaPiccola”, con pratos italianos; “Toloache”, que ofrecerá comida mexicana; “Lucus Food bus”, especializada en cociñar con ovos; “Baden Baden”, de comida alemá; “La Pirulina”, con crepes variados e, no apartado de doces, “Madalenasdecolores”. Así mesmo, na xornada do sábado desenvolverase a oitava edición de Xornada Moteira Solidaria, organizada polo Concello e o Moto Club Fojeteiros. A saída da ruta está prevista ás 16.00 horas da Praza de Galicia ata Xuvia, donde se recollerá a Papá Noel para voltar de novo pola estrada de Castela ata a Praza de Galicia, con chegada prevista ás 17.30. Alí os nenos e nenas poderán ver a Papá Noel, pero tamén gozar cos espectáculos, desde as 18.30, de Rosa Slanova e Shaki Danza e cunha ampla oferta de música e xogos infantís. Ademais instalarase na praza o circuíto de Karts do equipo de Educación Viaria de Narón e tamén outro xigante de Scalextric, do Scalextric Club Ferrolterra. Pintacaras e unha chocolatada completarán esta tradicional cita na localidade, na que se recollerán roupa, xoguetes, alimentos e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón, e tamén tapóns de plástico para Alba “La Promesa”. A actividade “Prazas Vivas”, na que se realizarán varios obradoiros e se avanzará na construción das carrozas da Cabalgata de xaneiro, será outra das actividades a desenvolver mañá, neste caso na parroquia de Piñeiros, na pista da igrexa, entre as 16.30 e as 18.30 horas. Non faltará tampouco a música, da que tamén se poderá gozar o día 17 no Pazo da Cultura. Nesta ocasión será a cargo de The Tambourine Man, con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que interpretarán varios temas de música tradicional galega. O espectáculo dará comezo ás 20.00 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados. A programación navideña desta fin de semana completarase o domingo –ademáis de coas “food trucks” da Praza de Galicia- coa celebración do “VIII Mercado de segunda man” no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Este ano participan na convocatoria un total de cento seis postos, que estarán abertos de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. Roupa, libros, xoguetes e artículos de decoración, entre outros, formarán parte da oferta de produtos de segunda man que se poderán adquirir neste evento. Permanecerá instalado no recinto un posto no que se recollerán alimentos, produtos de hixiene e roupa para o Centro de Recursos Solidarios de Narón, se ben os responsables de cada posto deberán doar un mínimo de dous quilos de alimentos. Así mesmo, haberá varios premios, entre eles un que concederán os propios participantes ao stand mellor decorado do recinto. A oferta desta fin de semana na cidade rematará o propio domingo co espectáculo de teatro musical infantil O mundo máxico de Pinocho. Terá lugar no Pazo da Cultura, a partir das 17.00 horas, e está pensado para o público infantil e familiar. EducaTeatro Producións trae a Narón este espectáculo, no que o público xogará un papel fundamental e onde non faltarán os títeres e os trucos de maxia, entre outras propostas. O prezo das entradas é de oito euros en venta anticipada e dez o día da actuación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal