Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO, PARKINSON FERROL, AFAL FERROLTERRA E BBTTA
A administración local destinou 21.000 euros aos catro acordos rubricados, que permitirán ás diferentes entidades continuar traballando cos usuarios da localidade e as súas familias
Narón, 16 de decembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polas edís de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, asinou hoxe catro convenios de colaboración con outras tantas entidades sociais que desenvolven parte da súa labor con persoas da cidade. O Concello destinará un total de 21.000 euros a estes acordos, en base aos que levarán a cabo varias actividades. A presidenta da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Concepción Lage, asinou un convenio dun importe de 12.000 euros, que permitirá manter o programa de atención a persoas con discapacidade psíquica, física e/ou sensorial e tamén un específico do servizo de atención ao desenvolvemento afectivo sexual (Programa Fadas). En representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas acudiu tamén a presidenta da entidade, Ana María López, que rubricou un acordo por un importe de 6.000 euros para actividades no ámbito de acción social dirixidas ao colectivo de persoas coas citadas doenzas e tamén ás súas familias. Así mesmo, o presidente da Asociación Parkinson Ferrol, José Antonio López, firmou o convenio polo que a entidade recibirá 2.000 euros para o servizo de intervención fisioterapéutica, logopédica, cognitiva e psicolóxica a persoas con parkinson, así como para o desenvolvemento de varias actividades co colectivo e tamén coas súas familias. A outra asociación convocada hoxe ao acto de sinatura de convenios foi o Grupo de Apoio á Lactancia Materna Bbtta, cuxa presidenta, Susana Piñeiro, asinou o documento no que se contempla unha axuda de 1.000 euros para a entidade, que entre outras activididades convoca na cidade actos con motivo da Semana Mundial da Lactancia e impulsa a Asesoría de Lactancia Materna. O alcalde naronés destacou a labor que realizan a diario estas catro asociacións con persoas da cidade, e animounas a continuar traballando na mesma liña cos colectivos aos que se dirixen, tal e como o veñen facendo nos últimos anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal