Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
DESESTIMADAS NUN PLENO EXTRAORDINARIO AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS ÁS ORDENANZAS FISCAIS DE 2017
DESESTIMADAS NUN PLENO EXTRAORDINARIO AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS ÁS ORDENANZAS FISCAIS DE 2017
As ordenanzas entrarán en vigor a principios do vindeiro ano e entre os cambios económicos das mesmas inclúese una rebaixa no coeficiente do IBI, a conxelación de taxas e a posibilidade dun maior fraccionamento dos pagos
Narón, 26 de decembro de 2016. O goberno local desestimou as alegacións presentadas ao expediente de imposición, ordenación e modificación das ordenanzas fiscais correspondentes ao exercicio de 2017 no transcurso dun pleno extraordinario celebrado hoxe ás 12.00 horas. A Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan); a Asociación Sociocultural ASCN e Eliximos Narón Electores presentaron alegacións ás citadas ordenanzas, que trala súa desestimación, entrarán en vigor en xaneiro, tras cumprirse os prazos e trámites estipulados na normativa. O pasado mes de outubro o goberno local aprobou no pleno ordinario unha modificación das ordenanzas fiscais, rexeitándose as enmendas presentadas polo PP e ENE. Os cambios realizados nalgunhas son básicamente técnicos, se ben no apartado económico destacan unha rebaixa no coeficiente da cota do IBI ao 0,65 e tamén a conxelación de taxas e un maior abano de fraccionamento no pago das taxas.
O alcalde naronés, José Manuel Blanco, lamentou unha vez máis as argumentacións esgrimidas no pleno polo portavoz de ENE, Alfonso Casal, asegurando que as ordenanzas “non son válidas” ou “están cheas de ilegalidades”. Blanco recordoulle ao citado portavoz que “a súa obrigación como concelleiro é recurrir a donde o ten que facer no caso de detectar algunha irregularidade, porque ata o de agora xa sabe que cando o fixo ante a Valedora do Pobo lle arquivaron todas as súas denuncias, carentes de fundamento”. Así mesmo, ante as afirmacións de Casal de que lle daba “vergonza allea” estar na sesión plenaria de hoxe, o rexedor local respostoulle que entendía que lla dera tendo en conta o que pasou no anterior pleno extraordinario –a finais do pasado mes de novembro-, no que por primeira vez se reprobou a actitude dun concelleiro da localidade, neste caso do propio Casal Pita, constatándose así o rexeitamento da súa actitude por parte de todo o resto de edís que conforman a corporación local, vinte de vinte e un.
Así mesmo, na sesión plenaria desta mañá procedeuse a dar o visto bó á aprobación das anualidades que permitirán abonar unha partida global de 142.379,12 euros para facer fronte ao pago da compra dun novo terreo, dunha superficie de 10.532 metros cadrados, para ampliar o parque do río Freixeiro. A Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados é a titular da parcela, ubicada na Avenida Conde de Fenosa, nas inmediacións da Residencia San José de Piñeiros. O pago realizarase en tres anualidades, sendo a primeira delas, por un importe de 50.000 euros, este mesmo exercicio. No 2017 abonaranse outros 50.000 euros á Congregación e, por último, no 2018 pagaranse os 42.379,12 euros restantes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal