Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE POR UN IMPORTE DE 12.000 EUROS
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE POR UN IMPORTE DE 12.000 EUROS
A entidade, creada no municipio, ten entre os seus obxectivos potenciar o aproveitamento agroforestal e fomentar o desenvolvemento rural sostible
Narón, 28 de decembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da asociación Terra Rendible, Marcos Manuel García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración por un importe de 12.000 euros. Ao acto, que tivo lugar ás 11.30 horas no Concello, asistiu tamén o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar.
En base ao acordo rubricado hoxe a entidade comprométese a potenciar o aproveitamento agroforestal e a fomentar o desenvolvemento rural sostible, promocionando o territorio e impulsando actuacións que contribúan a dinamizar o núcleo rural contando coa participación cidadá.
Promotores forestais de Narón están integrados nesta asociación agroforestal, a través da que se xestiona a venda de madeira a empresas como a firma Ence e tamén a limpeza de montes. Ademáis, impúlsase o traballo conxunto entre os propietarios, en canto á explotación dos terreos da súa propiedade, para obter maiores beneficios económicos. O rexedor local destacou a actividade desta entidade, constituída no municipio, e tamén o seu compromiso co coidado do medio ambiente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal